“Falamos do aborto con absoluta liberdade, tratando cuestións que tradicionalmente se silencian por incómodas”, Alberte M. e Verónica M.

SAMSUNG CAMERA PICTURES

El: enxeñeiro, poeta e narrador. Ela: poeta, ensaísta e narradora. Alberte Momán (Ferrol, 1976) e Verónica Martínez (Valdoviño, 1976) acaban de gañar o IX Certame de Poesía Illas Sisargas de Malpica polo poemario O episodio, “un cúmulo de impresións, sentimentos e sucesos reais acontecidos durante o período de gravidez até o aborto e as semanas posteriores a este”.... Ler +

Xullo festivaleiro: Asalto, Solpor e Nordestazo

festivais-xullo-compas

Nada máis comezar o verán a Costa da Morte énchese de música con romarías, festivais e verbenas. O mes xullo trae tres citas festivaleiras: Asalto ao Castelo, Festival Solpor e Nordestazo Rock. No Compás invitámoste a coñecelas un pouco mellor estes tres eventos cun estilo musical ben distinto. ASALTO AO CASTELO  -Vimianzo, 5 xullo- O Asalto chega á súa XIX edición... Ler +

De Liverpool ás Sisargas

portada priam

DE LIVERPOOL ÁS SISARGAS Empeza o filme. Pantalla en negro. A luz dun faro atlántico comeza a espertar. Lentamente, a ritmo de amencer nubrado. Entre as brumas debúxase, pouco a pouco, a paisaxe dunha praia. E no medio do areal… Non pode ser! No medio do areal: un piano. Un piano saído do mar! Sublime secuencia! Excelsa fotografía! Onde está ambientada a película? -En Nova... Ler +

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

costa da morte fisterra portada

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin... Ler +

Fotogalería: XXX Mostra da Olería de Buño

Olería2013

A Mostra da Olería de Buño (Malpica de Bergantiños) celebra neste 2013 os trinta anos. Cunha gran afluencia de visitantes durante a fin de semana, nótase un ambiente máis relaxado durante estes días. Postos de venda, exposicións no interior de olería e pintura, talleres de barro pola tarde para os máis cativos e actuacións de baile tradicional xunto con compañías de... Ler +

A Mostra da Olería de Buño cumpre 30 anos

oleriabuño

A localidade malpicá de Buño xa está preparándose para a Mostra da Olería. Este ano celebra a súa 30ª edición a partir do vindeiro venres 2 de agosto, cando terá lugar o acto inaugural dunha programación chea de actividades, que rematarán o domingo 11. A XXX Mostra da Olería conta con actividades permanentes que terán lugar na Casa do Oleiro (A Camposa, Buño). Os... Ler +

A Costa da Morte vive a noite do lume

san xoan portada

“No día de san Xoán baila o sol pola mañán.” “O día de san Xoán, as fogueiras acesas están.” “En San Xoán pinga a sardiña no pan.” E por fin chega unha das festas máis agardadas do almanaque para un galego: a noite do solsticio de verán, cristianizada despois para o San Xoán. Na véspera da noite do 23 hai que ir mercando as sardiñas... Ler +

Os amantes do surf teñen unha cita coa Pescadería fotográfica en Malpica

pescaderiafotografica

Cada vez máis o surf está vencellado á Costa da Morte con campionatos de surf e doutras modalidades e varios festivais. Nesta ocasión informamos doutra actividade que xorde deste deporte. Así, en Malpica, enmarcada nas actividades que terán lugar a fin de semana do 29 e 30 de xuño durante o I Festival Longboard, realizarase a 1ª Pescadería Fotográfica na vila mariñeira. O... Ler +

Aberto o prazo do VIII Certame de poesía erótica “Illas Sisargas”

Presentación en rolda de prensa do VIII Certame de poesía erótica Illas Sisargas. /Foto: Cedida/

A Asociación Cultural O Caldeirón, coa colaboración do concello de Malpica, acaba de presentar as bases para unha nova edición do certame de poesía erótica Illas Sisargas, que este ano contará cun gañador de 1.000 euros e a publicación da obra dentro da colección Caldeirón. Os poetas que queiran aportar as súas creacións literarias poden facelo ata o 30 de setembro... Ler +

O Compás cumpre un ano promovendo a cultura da Costa da Morte

portada aniversario compas

No Día das Letras Galegas do difícil ano 2012 un grupo de comunicadores botaba adiante un novo proxecto cultural para a Costa da Morte, unha terra que semellaba erma. Non vos imos enganar, estabamos asustados, pero ó mesmo tempo emocionados e ilusionados. Pasaron xa doce meses e ó botar a vista atrás quedamos ben satisfeitos co que puidemos conseguir sen ningún respaldo económico... Ler +