Sobre a complicada misión de abrir un faro

A cancela segue pechada no Touriñán. /Foto: Manuel Rial/

Dúas décadas pasaron dende que os faros quedaron máis sos do que estaban. En 1993 desaparece o corpo de funcionarios dos fareiros, pasando á automatización e á máquina. Dende aquela só se achegan a estes monumentos algún técnico de cando en vez, e sobre todo turistas e visitantes curiosos e desexosos de coñeceren o interior estes magníficas estruturas construídas sobre... Ler +

O Camiño dos faros, sendeirismo para descubrir a Costa da Morte

portada camiño dos faros

Se de algo podemos estar orgullosos na Costa da Morte é da beleza da nosa paisaxe. Ás veces achegámonos aos sitios máis turísticos, e algúns a outros menos coñecidos, para contemplar e gozar da paisaxe que nos brinda a nosa costa, coa mirada ao horizonte posto no Atlántico. A maioría usamos o coche para ir de visita, cando contamos con rutas de sendeirismo que nos permiten... Ler +

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Derradeira parte)

portada costa da morte III

Pica aquí para ler a primeira parte. Pica aquí para ler a segunda parte. “Camariñas, rodeada de piñeirais e nubes de gaivotas, ten xardíns e hortas ben gorecidos, parras de viño, verbena, etc. A area invade as rúas e as casas e permanece ó redor da pequena capela da Nosa Señora do Carme.” O viaxeiro británico Aubrey F. G. Bell levou mellor impresión da “pombiña... Ler +

Loquillo e Corizonas encabezan o cartel do V Nordestazo Rock

loquillo portada

O próximo 13 de xullo Malpica celebra un ano máis, e xa van cinco, o Nordestazo Rock. As primeiras dúas confirmacións son vellos coñecidos do rock español: Loquillo e o grupo Corizonas. Nas próximas semanas coñeceremos os grupos que completan o cartel do Nordestazo 2013, que promete moita “tralla”, palabra clave do festival e da asociación organizadora. Loquillo, nos... Ler +

A Mikaela encheu de troula as rúas de Buño

micaela portada

Calquera escusa é boa para seguir celebrando o Entroido. E se falamos da Mikaela de Buño, mellor. A pequena vila malpicá acolleu este sábado a centos de persoas, tanto veciños coma xente de fóra. Sobre todo mozos, pero tamén maiores e cativos, buscaron no armario o último disfrace deste ano para despedir o Entroido por todo o alto. A Mikaela durante a “misa”... Ler +

Entroido na Costa da Morte 2013

portada entroido

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas... Ler +

As festas infantís e as comparsas, principais protagonistas do Entroido en Malpica

Gr‡fico2

O concello de Malpica celebra o Entroido desde hoxe ata o próximo domingo 17. Máis dunha semana de festexos na que non faltarán os tradicionais concursos de comparsas ademais de personaxes habituais como a Mikaela, o Faustino e o Farruco. O entroido comeza esta tarde na localidade costeira cunha Festa Infantil na Ludoteca Municipal de 17.00 a 18.30 horas (só para os rapaces... Ler +

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Primeira parte)

corme antigo portada

“Estas notas sobre Galicia teñen a intención de dar unha idea sobre o engado e interese dun país aínda pouco coñecido polos viaxeiros. Son o resultado dun verán pasado na esquina noroeste da Península, e por iso non pode agardarse que sexan completas, pero abranguen un campo máis amplo có ata o da agora explorado polos escritores, que, normalmente se limitaron a falar... Ler +

Os canteiros desvelan as incógnitas dos cruceiros

canteiros cruceiros portada

Cando os turistas de fóra veñen a Galicia, os guías dinlles que “onde hai un cruceiro, cometeuse un pecado”. Se isto fora certo, somos unha terra ben pecadenta, porque olles onde olles haberá unha cruz lembrando que o lugar está sacralizado. Isto vén dunha cita de Castelao: “Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é unha oración de pedra que... Ler +

Espazo expositivo Centro Cívico

Inaugurado en 2003, o Centro Cívico Cultural acolle as instalacións das concellerías de Cultura e Servizos sociais. Ademais, conta cun espazo expositivo, onde se adoitan exhibir as diferentes coleccións ou obras itinerantes.   En exposición:   HORARIO De luns a venres: 8.00 a 15.00  | 15.30 a 20.00. Sábados: 10.00 a  14.00  | 16.00 a 19.00 Domingos: 19.00 a 22.00 PREZO De... Ler +