“Queremos impulsar aos grupos que non teñen a oportunidade de tocar noutro tipo de festivais”, Xabier Herranz, do Festival Solpor

solpor ponte

Con motivo da celebración da primeira edición do Festival Solpor O Compás falou con Xabier Herranz, membro dun grupo de mozos pontecesáns que deciden poñer en marcha esta nova cita musical da Costa da Morte que terá lugar o próximo 19 de xullo en Ponteceso. Un festival que nace cunha idea clara: a de dar cabida aos grupos musicais da comarca. I edición do Solpor Ponteceso.... Ler +

A Festa da Lingua

festalingua

Hoxe é a festa da nosa lingua. Hoxe conmemoramos un ano máis o Día das Letras Galegas. Por certo, xa suman tres “días” nos que en Compás celebramos con vós esta festividade, incluíndo aquel 17 de maio de 2012 no que comezamos esta aventura de unir a cultura, a Costa da Morte e facelo na nosa lingua. Onte en Carballo tivo lugar a Festa da Lingua, unha gala na que entre... Ler +

‘No paro descubrín que o meu outro traballo, ‘a Arte’, seguía pedíndome que lle adicara máis horas’, Mon Lendoiro.

FOTO MON

José Ramón Lendoiro Esmorís (Carballo, 1971). Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño de Gráfica Publicitaria e Ilustración. Mon Lendoiro, que é así como case todos os da vila o coñecemos, acaba de inaugurar Garabato, o seu primeiro obradoiro de belas artes situado nas míticas galerías que unen as rúas Fomento e Igrexa. O horario de apertura ao público é de... Ler +

Algo do que somos: Código Fonte Audiovisual

Touriñán no Carballo Interplay /Foto: Tamara de la Fuente/

Carballo convertíase a semana pasada na capital das webseries da man do Interplay, o primeiro festival dedicado a este formato no estado. Ademais de achegarnos 35 webseries chegadas dende toda España, pasamos catro días entre presentacións, coloquios, clases maxistrais e concertos. Nesta primeira edición do festival chamounos a atención a sesión de Xosé Antonio Touriñán... Ler +

De Liverpool ás Sisargas

portada priam

DE LIVERPOOL ÁS SISARGAS Empeza o filme. Pantalla en negro. A luz dun faro atlántico comeza a espertar. Lentamente, a ritmo de amencer nubrado. Entre as brumas debúxase, pouco a pouco, a paisaxe dunha praia. E no medio do areal… Non pode ser! No medio do areal: un piano. Un piano saído do mar! Sublime secuencia! Excelsa fotografía! Onde está ambientada a película? -En Nova... Ler +

Unha webserie carballesa moi especial

Javi Camino gravando unha escena en Monte Neme cos dous actores. [Foto: Carballo Interplay]

“Toñito, ti es especial”. Xa llo dicía súa nai e el intentará descubrir o porqué. Conseguirao? Esta historia de extraterrestes (ou non tanto) é o resultado do obradoiro de webseries ofrecido dentro do Festival de Webseries “Carballo Interplay”, que a finais deste mes de abril terá lugar na localidade carballesa. Vinte mozos e mozas carballeses participamos... Ler +

A arte tamén pode derrubar muros

IMG_4152a

Que custa máis, derrubar un edificio ou pintalo? Desta pregunta que soa materialista, ou pragmática se queremos, parte a xenial idea de acabar co feísmo do casco urbano de Carballo. Cando menos de intentalo, pois quedar, queda moito por facer. Así xorde Derrubando muros con pintura. O concelleiro Xosé Regueira tiña a idea na cabeza cando chegaron á localidade en novembro,... Ler +

Domingo de Entroido en Carballo

entroidocarballo

Por Sofía Caamaño Deus O cheirume a pedra mollada mesturábase onte, en Carballo, coa dozura do algodón de azucre e co espírito entroideiro que comunicaban a chegada da tradicional comparsa. A rúa Coruña interpretaba o rol de fiestra e deixaba entrever a festexada que se estaba celebrando na praza do concello. A música venceu a choiva que tentara, nun intento errado, arruinar... Ler +

“Estaría ben que desde a Concellería de Cultura se promovera máis a música local”, Pedro Ramos, batería de Apart

roberto rey apart

Ao rock de Apart faltáballe unha voz. Esta resultou ser unha voz feminina, a de Inés Blanco. Xunto a Robin Mallo á guitarra, Daniel Barreiro ao teclado, Iago Pardiñas ao baixo e Pedro Ramos á batería, conforman Apart, recente formación musical carballesa que hoxe á noite debuta en público. Como non podía ser doutro xeito farano na sala Dublín de Carballo, entre os seus.... Ler +

Viaxes no tempo de balde no castro de Niñóns

castro croas portada

No medio da minguante escuridade do amencer, unha nena móvese silenciosa entre os muros de pedra das casas dos seus veciños. Non quere que ninguén esperte. Ela xa non puido pegar ollo en toda a noite, pensando no que ía pasar cando as primeiras raiolas de sol iluminasen os teitos das súas casas. De súpeto nos seus pés algo se move e berra. O galo canta, dándolle a benvida... Ler +