Concertos que souberon a pouco en Valarés

DESTACA

O sol, esta vez si, fixo acto de presenza na praia de Balarés. Quizais por iso os festivaleiros foron máis madrugadores. Unha xornada musical desde a praia para aqueles que non quixeron desaproveitar un dos poucos días de bo tempo. Por certo, foi o único festival no que non choveu esta temporada? Pero non só desde o areal, pois a pé dos escenarios habilitados en dúas zonas... Ler +

Agosto musical: Carballeira, Sereas e Piratas, Marea e Valarés

fstivais_agosto

Despois dun mes bailando sen parar en romarías, sesións vermú, verbenas e festivais, no Compás aínda nos quedan folgos para recomendarvos unhas cantas citas no mes de agosto. Velaquí unha selección de festivais de música da Costa da Morte para todos os gustos: folk, rock, pop, indie e ata punk. Pasen, lean, escoiten e escollan. FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS -2 agosto- Na... Ler +

Xullo festivaleiro: Asalto, Solpor e Nordestazo

festivais-xullo-compas

Nada máis comezar o verán a Costa da Morte énchese de música con romarías, festivais e verbenas. O mes xullo trae tres citas festivaleiras: Asalto ao Castelo, Festival Solpor e Nordestazo Rock. No Compás invitámoste a coñecelas un pouco mellor estes tres eventos cun estilo musical ben distinto. ASALTO AO CASTELO  -Vimianzo, 5 xullo- O Asalto chega á súa XIX edición... Ler +

“Queremos impulsar aos grupos que non teñen a oportunidade de tocar noutro tipo de festivais”, Xabier Herranz, do Festival Solpor

solpor ponte

Con motivo da celebración da primeira edición do Festival Solpor O Compás falou con Xabier Herranz, membro dun grupo de mozos pontecesáns que deciden poñer en marcha esta nova cita musical da Costa da Morte que terá lugar o próximo 19 de xullo en Ponteceso. Un festival que nace cunha idea clara: a de dar cabida aos grupos musicais da comarca. I edición do Solpor Ponteceso.... Ler +

Viaxes no tempo de balde no castro de Niñóns

castro croas portada

No medio da minguante escuridade do amencer, unha nena móvese silenciosa entre os muros de pedra das casas dos seus veciños. Non quere que ninguén esperte. Ela xa non puido pegar ollo en toda a noite, pensando no que ía pasar cando as primeiras raiolas de sol iluminasen os teitos das súas casas. De súpeto nos seus pés algo se move e berra. O galo canta, dándolle a benvida... Ler +

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

costa da morte fisterra portada

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin... Ler +

Con V de diversión, con V de Valarés

IMG_2505

A néboa non impediu que a xente estivese en Balarés gozando dos concertos durante o día. [FOTOS: Noelia Antelo] The Bright actuaron na sesión vermú. Amencía con néboa en Balarés, co B ou co V, dá igual. A estas alturas seguimos preguntándonos cal é o correcto ou se é cuestión idiomática. A néboa fixo un pequeno amago de despexar para que o sol polo menos acompañase... Ler +

“Esperamos compensar a desilusión do ano pasado. Darémolo todo”, Nita de Fuel Fandango

Fuel Fandango actuará mañá en Balarés a partir das 01:50 horas.

A mestura de electro, funk, rock, pop e flamenco, creada pola cantante Nita e o produtor Ale Acosta, deixarase sentir no concerto que este dúo canario-cordobés ofrecerá mañá na praia de Balarés (Ponteceso). Centrados en descolocar ao público coa súa espectacular posta en escena e os seus axitados e contundentes directos, Fuel Fandango chegan de novo a Galicia –na súa... Ler +

“Somos uns amantes dos festivais ao aire libre e vai seguir sendo desta maneira” Adrián Varela, presidente do colectivo V de Valarés

576123_639133136102653_823492102_n

Os amantes da natureza e da boa música teñen unha cita este sábado na praia pontecesá de Balarés. Alí celebrarase a sétima edición do con V de Valarés, festival de música independente que medra ano tras ano e que nesta ocasión conta cun sólido e cargado cartel de concertos. Deixaranse escoitar recoñecidos grupos do panorama musical español como Fuel Fandango, El Columpio... Ler +

A Costa da Morte vive a noite do lume

san xoan portada

“No día de san Xoán baila o sol pola mañán.” “O día de san Xoán, as fogueiras acesas están.” “En San Xoán pinga a sardiña no pan.” E por fin chega unha das festas máis agardadas do almanaque para un galego: a noite do solsticio de verán, cristianizada despois para o San Xoán. Na véspera da noite do 23 hai que ir mercando as sardiñas... Ler +