Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Segunda parte)

costa da morte antiga portada

Pica aquí para ler a primeira parte. A viaxe en barco pola ría de Corcubión dende O Pindo impresiona a Audrey F. G. Bell.  Todas as sensacións que vai recollendo neses momentos (os cantares dos mariñeiros, as casas brancas, as cores da auga, o son da fala…) fan levar ó inglés a pensar en Grecia. De feito, para el o país galego é “unha mestura de Escocia ou Cumbria... Ler +

Entroido na Costa da Morte 2013

portada entroido

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas... Ler +

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Primeira parte)

corme antigo portada

“Estas notas sobre Galicia teñen a intención de dar unha idea sobre o engado e interese dun país aínda pouco coñecido polos viaxeiros. Son o resultado dun verán pasado na esquina noroeste da Península, e por iso non pode agardarse que sexan completas, pero abranguen un campo máis amplo có ata o da agora explorado polos escritores, que, normalmente se limitaron a falar... Ler +

Corcubión xa ten todo listo para o Entroido

Cartel do Entroido 2013

Cartel do Entroido 2013 O vindeiro día 9 de febreiro as comparsas e os amantes do Entroido teñen que facer a súa parada en Corcubión. A cita terá lugar ás 4 da tarde na praza de Castelao despois de que todos os concursantes participen no desfile que percorrerá as rúas da vila. En caso de choiva, a cita terá lugar na Casa da Cultura. Cabe citar que o concurso vai constar... Ler +

Corcubión terá programación cultural de Nadal malia os recortes da Deputación

corcubion

As actividades de Nadal do Concello de Corcubión xa están en marcha: concertos, deporte, exposicións e as visitas dos Reis Magos marcan as principais actividades dunha programación que este ano sufre “drásticos recortes por parte da Deputación da Coruña tanto no programa global de cultura como no de deportes”; como ben informou a este medio o Concelleiro de Cultura José... Ler +

300 euros en premios no VII Concurso de Fotografía de Corcubión.

Cartaz do VII Concurso de Fotografía de Corcubión

A Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción Económica de Corcubión, organiza un ano máis e en colaboración coa Universidade Cromática das Virtudes e Foto Fuentes o Concurso de Fotografía de Corcubión. A temática do certame será libre aínda que se vai valorar positivamente que as imaxes sexan tomadas no termo municipal. Cartaz do VII Concurso de Fotografía de Corcubión Para... Ler +

As imaxes que deron a volta ao mundo

Manfred Gnädinger non puido soportar a catástrofe e deixouse morrer. O 28 de decembro do 2002 acontecía a primeira vítima mortal humana do desastre. /Foto: José Manuel Casal/

Aos que menosprezaron o desastre  Tristemente se hoxe alguén di que é da Costa da Morte o primeiro no que pensa o estranxeiro é en petróleo, en mareas negras. O desastre do Prestige levou o nome por todo o mundo, resaltando o que xa viña implícito no topónimo: a MORTE. Neste artigo recollemos algunhas das imaxes icona da maior catástrofe ecolóxica de Europa por se alguén... Ler +

O mar non é de ninguén

prestige 2

Para os homes e mulleres con dignidade Estábamos ceando á luz dunha vela. Non era unha cea romántica. Era novembro. Non había luz na casa, coma tantas outras veces no outono. Caería algunha fase, dicían os vellos. Aquel foi o primeiro día que oímos un nome que nunca esqueceremos: Prestige. A luz volveu pero non aclarou nada. Os días seguintes estiveron cheos de desacougo... Ler +

Oghalá veña outro!

O traballo dos voluntarios foi determinante para conseguir a limpeza das praias. /Foto: Xan Fernández Carrera/

O traballo dos voluntarios foi determinante para conseguir a limpeza das praias. /Foto: Xan Fernández Carrera/ Ao voluntariado, que esperemos non nos garden rancor. Tiña 13 anos, estaba na casa vendo a televisión unha tarde cando de repente se interrompe a programación para dar paso a un avance informativo: un petroleiro chamado Prestige estaba á deriva fronte ás costas de... Ler +

“Seguimos buscando voluntarios para voar eses 80 papaventos” Martí Monjo, creador da acción Papaventos 13N

Martí Monjo voando un dos papaventos que el mesmo deseñou.

Martí Monjo voando un dos papaventos que el mesmo deseñou. O vindeiro 13 de novembro cúmprense 10 anos da catástrofe do Prestige. Con motivo de lembrar este día negro na historia de Galicia e, sobre todo, coa intención de homenaxear o traballo dos centos de milleiros de voluntarios que limparon as costas galegas; o mallorquín Martí Monjo está a organizar unha acción chamada... Ler +