Entroido na Costa da Morte 2013

portada entroido

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas... Ler +

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Primeira parte)

corme antigo portada

“Estas notas sobre Galicia teñen a intención de dar unha idea sobre o engado e interese dun país aínda pouco coñecido polos viaxeiros. Son o resultado dun verán pasado na esquina noroeste da Península, e por iso non pode agardarse que sexan completas, pero abranguen un campo máis amplo có ata o da agora explorado polos escritores, que, normalmente se limitaron a falar... Ler +

A Costa da Morte, eixe central do intercambio cultural

aegee fisterra

Centos de estudantes de diversos puntos de Europa chegan cada ano a Galicia para participar no chamado programa Erasmus. Un dos poucos proxectos da Unión Europea que logrou ao longo destes 26 anos unha certa cohesión e irmandade entre xentes de diferentes países. Na fin de semana, un grupo de 60 alumnos de intercambio da Universidade da Coruña,  visitou a Costa da Morte nunha... Ler +

Muxía e Dumbría gardan os postos da fin de semana para o Entroido

cachucha porco

Xa non quedan máis días libres no Entroido. Se o luns se vive en Vimianzo e o martes é o día grande de Fisterra, Muxía convoca o concurso de disfraces para o sábado 9 e Dumbría para o domingo 10. No Concello de Muxía están decididos este ano a recuperar a tradición do Entroido polo que haberá novidades desta vez. O gran pasarrúas de carnaval sae do Cabo da Vila ás... Ler +

A etapa da Fin do Mundo

A etapa da Fin do Mundo /Foto: Manuel Rial/

Dende o centro de Galicia ata a fin do mundo. Así de simbólica se presenta a cuarta etapa da Vuelta Ciclista a España 2013, que por segundo ano consecutivo chega á Costa da Morte. O martes 27 de agosto a serpe multicor sairá de Lalín e entrará na Costa da Morte subindo ó Mirador do Ézaro, un dos lugares máis espectaculares da última edición da Vuelta, que abraiou ós... Ler +

O apalpador pasou por Lires cargado de castañas para os máis cativos

nadal-12-lires-5

O Apalpador visitou Lires. /Foto: Merche Caamaño/ A pasada fin de semana celebrouse en Lires o festival de Nadal da Asociación Recreativa Cultural e Educativa Pedras Miúdas. Un encontro que se caracterizou polo bo ambiente e pola confraternización entre diferentes asociacións da Costa da Morte. O festival arrancou arredor das 5 da tarde cunha festa infantil amenizada por pallasos... Ler +

Fisterra, fin de etapa da Vuelta

O gañador Joaquin "Purito" cruzaba a liña de meta no Ézaro, con Fisterra ao fondo. /Foto: Manuel Rial/

No Compás xa adiantabamos en outubro os ruxe-ruxe sobre que a Vuelta volvería pasar pola Costa da Morte, e parece ser que se confirma. Fisterra será a meta dunha etapa que sairá de Lalín, do centro do país cara a fin da terra. Polo menos é o que asegura o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, xa que polo momento os organizadores da Vuelta non teñen confirmado... Ler +

Maratón de Talía Teatro en Dumbría polo Nadal

pequena

“Rompe a rutina” é o lema do Nadal 2012 en Dumbría. O concello creou unha serie de actividades que se reparten ó longo de todas as parroquias, nas que os cativos son os verdadeiros protagonistas. Deste xeito haberá obradoiros de manualidades de Decoración de Nadal para nenos (tamén para maiores), teatros de monicreques, espectáculos de maxia e música, cun concerto... Ler +

As imaxes que deron a volta ao mundo

Manfred Gnädinger non puido soportar a catástrofe e deixouse morrer. O 28 de decembro do 2002 acontecía a primeira vítima mortal humana do desastre. /Foto: José Manuel Casal/

Aos que menosprezaron o desastre  Tristemente se hoxe alguén di que é da Costa da Morte o primeiro no que pensa o estranxeiro é en petróleo, en mareas negras. O desastre do Prestige levou o nome por todo o mundo, resaltando o que xa viña implícito no topónimo: a MORTE. Neste artigo recollemos algunhas das imaxes icona da maior catástrofe ecolóxica de Europa por se alguén... Ler +

O mar non é de ninguén

prestige 2

Para os homes e mulleres con dignidade Estábamos ceando á luz dunha vela. Non era unha cea romántica. Era novembro. Non había luz na casa, coma tantas outras veces no outono. Caería algunha fase, dicían os vellos. Aquel foi o primeiro día que oímos un nome que nunca esqueceremos: Prestige. A luz volveu pero non aclarou nada. Os días seguintes estiveron cheos de desacougo... Ler +