“Na Costa da Morte precisamos unha programación estable de mostras de arte e boas salas”, Viki Rivadulla

expo viki portada

Viki Rivadulla pinta desde que era unha nena. “Creo que un artista nace. Aínda que é importante formarse e aprender a pintar ou a esculpir, é preciso ter algo innato”. A responsable das actividades culturais do concello de Muxía comenta ademais que a pintura é a súa forma de entender a vida e que sen ela lle sería moi difícil concibir o día a día. Esta artista muxiá... Ler +

O Camiño dos faros, sendeirismo para descubrir a Costa da Morte

portada camiño dos faros

Se de algo podemos estar orgullosos na Costa da Morte é da beleza da nosa paisaxe. Ás veces achegámonos aos sitios máis turísticos, e algúns a outros menos coñecidos, para contemplar e gozar da paisaxe que nos brinda a nosa costa, coa mirada ao horizonte posto no Atlántico. A maioría usamos o coche para ir de visita, cando contamos con rutas de sendeirismo que nos permiten... Ler +

Marcando O Compás a través das ondas coa Radio Nordés – Cadena SER

portada compas nordesw

O Compás e a Radio Nordés-Cadena SER xuntan forzas para difundir a cultura da Costa da Morte. A partir desta semana a revista dixital da Costa da Morte engade as ondas hertzianas ao soporte dixital en dous espazos semanais na programación da Radio Nordés. Unha radio que amosa o seu compromiso coa nosa lingua, xa que se trata da única emisora da Cadena SER que produce a súa... Ler +

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Segunda parte)

costa da morte antiga portada

Pica aquí para ler a primeira parte. A viaxe en barco pola ría de Corcubión dende O Pindo impresiona a Audrey F. G. Bell.  Todas as sensacións que vai recollendo neses momentos (os cantares dos mariñeiros, as casas brancas, as cores da auga, o son da fala…) fan levar ó inglés a pensar en Grecia. De feito, para el o país galego é “unha mestura de Escocia ou Cumbria... Ler +

O Entroido de Dumbría finaliza con dúas comparsas gañadoras

Dúas comparsas resultaron gañadoras no festival de Entroido que se celebrou onte en Dumbría. Malia que a choiva estivo presente durante a celebración, o público non fallou a unha das citas obrigadas da Costa da Morte neste tempo previo á coresma. O exército de Gures converteu o desfile das comparsas nunha auténtica marcha militar. /Foto: Cedida/ O Festival de Comparsas deu... Ler +

Entroido na Costa da Morte 2013

portada entroido

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas... Ler +

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Primeira parte)

corme antigo portada

“Estas notas sobre Galicia teñen a intención de dar unha idea sobre o engado e interese dun país aínda pouco coñecido polos viaxeiros. Son o resultado dun verán pasado na esquina noroeste da Península, e por iso non pode agardarse que sexan completas, pero abranguen un campo máis amplo có ata o da agora explorado polos escritores, que, normalmente se limitaron a falar... Ler +

Éxito no I Circuíto de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía

Esta I edición foi valorada como éxito rotundo por parte da organización.

Esta I edición foi valorada como éxito rotundo por parte da organización. O domingo 27 de xaneiro de 2013, celebrouse en Muxía, a 7ª proba e clausura, do I Circuíto de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía, que organizou o Concello de Muxía e o Club Xadrez Cabo Touriñán.  A xornada, foi toda unha festa deportiva, na que nenos e maiores gozaron do xadrez e dun ambiente... Ler +

A Fundación López Abente prepara un gran acto literario polo 50 aniversario da morte do poeta

muxia antiga

Nosa Señora da Barca ten o tellado de pedra ben o pudera ter de ouro miña Virxe si quixera. Canta xente… canta xente Por campiñas, e por veigas! Canta pó lo mar abaixo Ven camiño da ribeira! Que lanchas tan ben portadas Con aparellos de festa! Que botes tan feituquiños, Con tan feituquiñas velas! Todos cargadiños veñen De xentiña forasteira, E de rapazas bonitas Cura... Ler +

Muxía e Dumbría gardan os postos da fin de semana para o Entroido

cachucha porco

Xa non quedan máis días libres no Entroido. Se o luns se vive en Vimianzo e o martes é o día grande de Fisterra, Muxía convoca o concurso de disfraces para o sábado 9 e Dumbría para o domingo 10. No Concello de Muxía están decididos este ano a recuperar a tradición do Entroido polo que haberá novidades desta vez. O gran pasarrúas de carnaval sae do Cabo da Vila ás... Ler +