Marcando O Compás a través das ondas coa Radio Nordés – Cadena SER

portada compas nordesw

O Compás e a Radio Nordés-Cadena SER xuntan forzas para difundir a cultura da Costa da Morte. A partir desta semana a revista dixital da Costa da Morte engade as ondas hertzianas ao soporte dixital en dous espazos semanais na programación da Radio Nordés. Unha radio que amosa o seu compromiso coa nosa lingua, xa que se trata da única emisora da Cadena SER que produce a súa... Ler +

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Segunda parte)

costa da morte antiga portada

Pica aquí para ler a primeira parte. A viaxe en barco pola ría de Corcubión dende O Pindo impresiona a Audrey F. G. Bell.  Todas as sensacións que vai recollendo neses momentos (os cantares dos mariñeiros, as casas brancas, as cores da auga, o son da fala…) fan levar ó inglés a pensar en Grecia. De feito, para el o país galego é “unha mestura de Escocia ou Cumbria... Ler +

“A xente de Camariñas coñece a Illa Bufarda”

Sabela Iglesias e Adriana Pérez Villanueva na Illa Bufarda. /Foto: Manuel Rial/

Segundo os cálculos das habitantes da Illa Bufarda, xa pasaron 790 mareas dende que dúas rapazas licenciadas en Comunicación Audiovisual se decidiran embarcar nun proxecto propio e autónomo. Un ano, para os habitantes do continente, no que Sabela Iglesias e Adriana Pérez Villanueva estiveron a producir dende documentais a obradoiros para institutos e colexios. Hai un mes, as... Ler +

Entroido na Costa da Morte 2013

portada entroido

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas... Ler +

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Primeira parte)

corme antigo portada

“Estas notas sobre Galicia teñen a intención de dar unha idea sobre o engado e interese dun país aínda pouco coñecido polos viaxeiros. Son o resultado dun verán pasado na esquina noroeste da Península, e por iso non pode agardarse que sexan completas, pero abranguen un campo máis amplo có ata o da agora explorado polos escritores, que, normalmente se limitaron a falar... Ler +

Camariñas reparte o Entroido polas parroquias

entroido camariñas 2013

Cinco días de Entroido por todo o concello. Así celebran en Camariñas a festa dos disfraces que comeza na Ponte do Porto o sábado 9. Haberá unha festa con inchables, música e globoflexia na Feira do Gando a partir das 16.30h. O domingo 10 a festa irá máis repartida, comezando nun pasarrúas da comparsa vimiancesa Danzatecas polo lugar da Ponte do Porto. Despois comeza a... Ler +

A Costa da Morte, eixe central do intercambio cultural

aegee fisterra

Centos de estudantes de diversos puntos de Europa chegan cada ano a Galicia para participar no chamado programa Erasmus. Un dos poucos proxectos da Unión Europea que logrou ao longo destes 26 anos unha certa cohesión e irmandade entre xentes de diferentes países. Na fin de semana, un grupo de 60 alumnos de intercambio da Universidade da Coruña,  visitou a Costa da Morte nunha... Ler +

«Cando marchaba para casa, mirei de reollo e vin o petróglifo» Esteban Sestaio

esteban petrallo camelle

Onde quedou o tempo no que unha escavación arqueolóxica era un misterio e os dolmens eran considerados perfectas canteiras de pedra? Pouco a pouco, as xeracións máis novas van collendo conciencia do respecto do patrimonio histórico, da protección do noso pasado. É máis, o patrimonio está a chegar a espertar auténtico interese ata para os que non son arqueólogos licenciados... Ler +

“Gústame o galego con acento venezolano, mexicano ou romanés”

carballo normalizacion galego

Escoitarase moitas veces por aí dicir que “co galego non se vai a ningunha parte” ou outras “perlas” polo estilo. Pero non deben pensar o mesmo as 30 persoas estranxeiras que participaron no Obradoiro de integración lingüística e cultural, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo, e que tivo lugar entre o 15 de... Ler +

A pegada de Man continúa

pegada man camelle

“É insoportable para min esta aparición. Eles observan só un piollo de mala sorte. Con todo, estou feliz de ter chegado case aos 67 anos. Estou marcado pola idade. Eu estou — para ser axiña destronado. No canto de queixarme e lamentarme, entregarme… escribir para distraerme… Quen somos? O mundo queixarase sobre nós e sobre si mesmo.” Son as súas derradeiras... Ler +