Agosto musical: Carballeira, Sereas e Piratas, Marea e Valarés

fstivais_agosto

Despois dun mes bailando sen parar en romarías, sesións vermú, verbenas e festivais, no Compás aínda nos quedan folgos para recomendarvos unhas cantas citas no mes de agosto. Velaquí unha selección de festivais de música da Costa da Morte para todos os gustos: folk, rock, pop, indie e ata punk. Pasen, lean, escoiten e escollan. FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS -2 agosto- Na... Ler +

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

costa da morte fisterra portada

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin... Ler +

Os trinta anos da Carballeira máis solemne

portada carballeira 2013

Ao pasar o arco de recepción da carballeira de Velar sabes que entras nun lugar sagrado. As luces brancas e amarelas fan xogos de sombras entre os carballos e os eucaliptos dun bosque máxico que cada agosto se enche de amantes do folk. As árbores asisten como un festeiro máis agardando ao espectáculo da música atlántica. Xabi Aburruzaga inauguraba o cartel da Carballeira... Ler +

Tradición e modernidade na XXX Carballeira de Zas

festa da carballeira

Un ano máis a primeira fin de semana de agosto Zas énchese de folk por conta do festival decano da Costa da Morte: a Festa da Carballeira, que este ano se estira para comezar o venres. A continuación repasamos os grupos que actuarán os dous días: VENRES Saldos Negativos Este grupo nace do empeño de dous intérpretes de música folk: Abraham Fernández e Fernando Barroso,... Ler +

Trinta anos do mellor folk na Carballeira de Zas

berroguetto portada

Un ano máis volve o festival musical decano da Costa da Morte: a Festa da Carballeira. Nesta triséxima edición, como xa ocorrera nestes últimos anos, a troula empezará o venres. As vésperas organizadas polo Concello de Zas contarán coa actuación de tres grupos de música tradicional: dous galegos, Saldos Negativos e Tátara Trío, e un de Costa Rica, Peregrino Gris.... Ler +

A Costa da Morte vive a noite do lume

san xoan portada

“No día de san Xoán baila o sol pola mañán.” “O día de san Xoán, as fogueiras acesas están.” “En San Xoán pinga a sardiña no pan.” E por fin chega unha das festas máis agardadas do almanaque para un galego: a noite do solsticio de verán, cristianizada despois para o San Xoán. Na véspera da noite do 23 hai que ir mercando as sardiñas... Ler +

Medio ichavo de letras labartianas

portada labarta pose

As pandeiretas e gaitas de Adro abriron e pecharon o festival do Día das Letras Galegas en Baio Os alumnos do colexio Labarta Pose representaron O punto da escarola Ao final da actuación, a mestra Sinda Cundíns fixo subir ao escenario ao autor da obra, Xosé Antón Neira Cruz, que felicitou os rapaces e reclamou as Letras para Labarta Os mozos do IES Maximino Romero Lema... Ler +

O Compás cumpre un ano promovendo a cultura da Costa da Morte

portada aniversario compas

No Día das Letras Galegas do difícil ano 2012 un grupo de comunicadores botaba adiante un novo proxecto cultural para a Costa da Morte, unha terra que semellaba erma. Non vos imos enganar, estabamos asustados, pero ó mesmo tempo emocionados e ilusionados. Pasaron xa doce meses e ó botar a vista atrás quedamos ben satisfeitos co que puidemos conseguir sen ningún respaldo económico... Ler +

O Camiño dos faros, sendeirismo para descubrir a Costa da Morte

portada camiño dos faros

Se de algo podemos estar orgullosos na Costa da Morte é da beleza da nosa paisaxe. Ás veces achegámonos aos sitios máis turísticos, e algúns a outros menos coñecidos, para contemplar e gozar da paisaxe que nos brinda a nosa costa, coa mirada ao horizonte posto no Atlántico. A maioría usamos o coche para ir de visita, cando contamos con rutas de sendeirismo que nos permiten... Ler +

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Derradeira parte)

portada costa da morte III

Pica aquí para ler a primeira parte. Pica aquí para ler a segunda parte. “Camariñas, rodeada de piñeirais e nubes de gaivotas, ten xardíns e hortas ben gorecidos, parras de viño, verbena, etc. A area invade as rúas e as casas e permanece ó redor da pequena capela da Nosa Señora do Carme.” O viaxeiro británico Aubrey F. G. Bell levou mellor impresión da “pombiña... Ler +