O “Xogo de Tronos” das Terras de Soneira

portada moscoso stark

Xogo de Tronos (Game of Thrones) despediuse esta semana dunha trepidante cuarta temporada deixando aos seus seguidores orfos nas tarde-noites do luns. Que pasa agora? Como podemos vivir sen saber quen será o próximo en morrer? Xa non nos quedan uñas por morder! Teremos que arriscarnos a ler os libros do malvado George R. R. Martin? Pois vouvos propoñer outra cousa: coñecer... Ler +

A Festa da Lingua

festalingua

Hoxe é a festa da nosa lingua. Hoxe conmemoramos un ano máis o Día das Letras Galegas. Por certo, xa suman tres “días” nos que en Compás celebramos con vós esta festividade, incluíndo aquel 17 de maio de 2012 no que comezamos esta aventura de unir a cultura, a Costa da Morte e facelo na nosa lingua. Onte en Carballo tivo lugar a Festa da Lingua, unha gala na que entre... Ler +

De Liverpool ás Sisargas

portada priam

DE LIVERPOOL ÁS SISARGAS Empeza o filme. Pantalla en negro. A luz dun faro atlántico comeza a espertar. Lentamente, a ritmo de amencer nubrado. Entre as brumas debúxase, pouco a pouco, a paisaxe dunha praia. E no medio do areal… Non pode ser! No medio do areal: un piano. Un piano saído do mar! Sublime secuencia! Excelsa fotografía! Onde está ambientada a película? -En Nova... Ler +

“Eu quero ser coma el” – Rosalía Fernández Rial

feira libros cee

“Eu quero ser coma el”: soñadora, pirata, acróbata. Quero roubar botóns, parafusos e alfinetes para atanguer o misterio dos tesouros. Quero habitar tellados de lonxas vetustas e sentirme paxaro fugaz. Preciso namorar de novo, con entusiasmo infantil. Amantes: volvede ilusionarme. Non podo vivir sen voar. Quero bolboretas no bandullo! Reivindico, con empeño militante, a miña... Ler +

“Este é un libro sobre o medo, amarrado a unha esperanza desesperada. Un libro de vencidos” Daniel Salgado, autor de Dos tempos sombrizos

daniel salgado lopez abente

O libro Dos tempos sombrizos do lucense Daniel Salgado é o gañador da primeira edición do Premio de Poesía Gonzalo López Abente que organiza a Fundación muxiá que leva este nome. O xurado decidiuno así polo seu claro compromiso anticapitalista e social e pola rica  intertextualidade da obra tanto coa poesía como coa música contemporáneas, e de maneira especial co jazz. Salgado... Ler +

Aberto o prazo do VIII Certame de poesía erótica “Illas Sisargas”

Presentación en rolda de prensa do VIII Certame de poesía erótica Illas Sisargas. /Foto: Cedida/

A Asociación Cultural O Caldeirón, coa colaboración do concello de Malpica, acaba de presentar as bases para unha nova edición do certame de poesía erótica Illas Sisargas, que este ano contará cun gañador de 1.000 euros e a publicación da obra dentro da colección Caldeirón. Os poetas que queiran aportar as súas creacións literarias poden facelo ata o 30 de setembro... Ler +

O “sotaque” de Aurelia, artigo de Mariña Pérez Rei

mariña perez portada artigo carballo

A cobiza axexando a costureira. Sainete ou drama? Podería ser un cantar de cego, unha forma de absurdo contra o silencio especulador. O desaloxo pola forza dunha anciá. A súa voz soa (fermosa moradía) contra os especuladores: o seu seseo (implosivo e explosivo), as ultracorreccións en castelán, esa prosodia de arrastre. Porque digámolo xa, o “sotaque” do galego de Aurelia... Ler +

Medio ichavo de letras labartianas

portada labarta pose

As pandeiretas e gaitas de Adro abriron e pecharon o festival do Día das Letras Galegas en Baio Os alumnos do colexio Labarta Pose representaron O punto da escarola Ao final da actuación, a mestra Sinda Cundíns fixo subir ao escenario ao autor da obra, Xosé Antón Neira Cruz, que felicitou os rapaces e reclamou as Letras para Labarta Os mozos do IES Maximino Romero Lema... Ler +

A Xunta de Galicia coloca publicidade do Día das Letras en todos os medios, agás nos que están en galego todo o ano

letras galegas xunta de galicia

A Xunta de Galicia marxinou á práctica totalidade dos medios de comunicación en galego da publicidade institucional do 17 de maio, Dia das Letras Galegas. A Secretaría Xeral de Medios de Comunicación inseriu anuncios da “festa das nosas letras” en xornais, radios e sitios web que empregan o castelán os 365 dias do ano en porcentaxe superior ao 90%, pero desbotou... Ler +

Nace a nova Asociación para defender e loitar polo galego nos medios de comunicación

Representantes de cada medio da Asociación. /Foto: AMG/

Once medios de comunicación – entre eles dous da Costa da Morte, Quepasanacosta, e o propio O Compás, ademais de Radiofusión, Valminor.info, Novas da Galiza, Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Certo, Tempos Novos e a Nova Peneira- presentaron a “Asociación de Medios en Galego“, unha nova entidade que ten como obxectivo organizarse para manter... Ler +