O Compás cumpre un ano promovendo a cultura da Costa da Morte

portada aniversario compas

No Día das Letras Galegas do difícil ano 2012 un grupo de comunicadores botaba adiante un novo proxecto cultural para a Costa da Morte, unha terra que semellaba erma. Non vos imos enganar, estabamos asustados, pero ó mesmo tempo emocionados e ilusionados. Pasaron xa doce meses e ó botar a vista atrás quedamos ben satisfeitos co que puidemos conseguir sen ningún respaldo económico... Ler +

“As persoas maiores son as que sosteñen a nosa lingua”, Mariña Pérez Rei, escritora

mariña perez portada artigo carballo

A escritora e profesora Mariña Pérez Rei (Ames, 1966) recolle hoxe o galardón da novena edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do concello de Carballo. A capacidade de incidencia en públicos variados, a calidade lingüística e estilística e a relación coa actualidade son algunhas das razóns que fixeron que o seu artigo resaltara entre todos os recibidos. O... Ler +

O Couto vive de novo o seu “milagre de primavera”

302699_533755376665644_1493555566_n

A aldea pontecesá do Couto celebra xa o trixésimo primeiro ano das Festiletras, unha cita cultural que converte a Ponteceso na capital das Letras Galegas da Costa da Morte e que este ano ten un valor moi especial polos recentes premios recibidos: o da Promoción Cultural, que lle otorgou a Xunta á Fundación Eduardo Pondal; e o de Bergantiñán do Ano, convocado polo Padroado... Ler +

Tres certames literarios para a primavera da Costa da Morte

lopez abente familia portada

Este verán cúmprense cincuenta anos da morte do poeta muxián Gonzalo López Abente. Unha efeméride que non pasa desapercibida para a Fundación co seu nome, que para lembralo pon en marcha o I Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Poden optar ao premio os textos de máis de 400 versos, escritos en galego e que sexan inéditos, e dicir que non participaran en ningún outro... Ler +

“Universo Pitágoras ofrece unha visión divertida das matemáticas” Rocío Leira

rocio portada

Nunha academia compostelá Rocío Leira dá clases aos universitarios que precisan un reforzo nas súas carreiras. Doutora en matemáticas, con especialidade en matemática aplicada á enxeñería, dedica o seu tempo libre á súa outra paixón: escribir. Aínda que a priori isto pareza contradictorio, Rocío Leira desmonta os mitos sobre que as persoas teñan que escoller entre... Ler +

Borneiro, terra de Castelos e pedra

borneiro portada

Borneiro é ben coñecido en todo o país polos seus grandes monumentos arqueolóxicos: o dolmen de Dombate e o castro da Cibdá. Dende sempre foi un lugar propicio para a vida, pois trátase dun val fértil rodeado por dúas dorsais montañosas ao leste e ao oeste que o protexen dos ventos duros e cunha disposición que favorece a insolación. A parroquia de Borneiro é unha terra... Ler +

Muxía ten unha caixa onde se conserva o patrimonio

buserana portada 2

É unha verdadeira mágoa que as lendas, os contos, as historias doutros tempos vaian desaparecendo co derradeiro alento das persoas que nolas contan. A tradición oral vaise perdendo de xeración en xeración, e cada vez máis debido á globalización e ó radical cambio de vida das persoas respecto ó dos seus ancestros. Procesión da Barca en 1963. /Fotografía de Ramón Caamaño... Ler +

Alma rosaliana nun batallón de tecedoras ceibes

daquelasquecantan

O venres á noite o Pazo da Cultura de Carballo acollía un espectáculo para conmemorar o Día Internacional da Muller e ao tempo lembrar a Rosalía de Castro no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. O título escollido por Lumieira, Rosalías. Daquelas que cantan facía presaxiar que non iamos asistir a unha exaltación convencional da nosa poeta fundacional.... Ler +

Muxía rende homenaxe a María Teresa Alvajar

portada maria teresa alvajar b

A historia de María Teresa Alvajar pode contarse dende a pel de calquera das tantas represaliadas pola ditadura franquista. Nada na Coruña en 1922, é filla de César Alvajar, xornalista e político, e da galeguista Amparo López Jean. O golpe de Estado militar obriga á familia Alvajar a escapar ó desterro, logo de pasaren polo cárcere da Coruña. Así terán que vivir afastadas... Ler +

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Derradeira parte)

portada costa da morte III

Pica aquí para ler a primeira parte. Pica aquí para ler a segunda parte. “Camariñas, rodeada de piñeirais e nubes de gaivotas, ten xardíns e hortas ben gorecidos, parras de viño, verbena, etc. A area invade as rúas e as casas e permanece ó redor da pequena capela da Nosa Señora do Carme.” O viaxeiro británico Aubrey F. G. Bell levou mellor impresión da “pombiña... Ler +