Coñece a Costa da Morte coas “Andainas” desta primavera

sendeirismo camariñas portada

Andainas 2013 Coñece a Costa da Morte, é o nome dunha iniciativa conxunta de varios concellos da nosa costa para coñecelos mellor grazas á práctica do sendeirismo. Paisaxe e deporte únense unha vez máis, nestas rutas organizadas a partir de abril e ata finais de maio. Sendeiristas no Cabo Vilán, o ano pasado. /Foto: Concello de Vimianzo/ A programación foi presentada en... Ler +

Sendeirismo en Ponteceso para esta Semana Santa

O concello de Ponteceso, desde a súa área de turismo, organiza para os festivos de Semana Santa unha ruta de sendeirismo especial. O xoves 28 ten lugar a chamada ruta de sendeirismo PRG 148. Esta comezará ás 10 da mañá, con saída en Ponteceso e con previsión de rematar á 1 do mediodía. Logo está prevista unha visita ao Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, en... Ler +

O Camiño dos faros, sendeirismo para descubrir a Costa da Morte

portada camiño dos faros

Se de algo podemos estar orgullosos na Costa da Morte é da beleza da nosa paisaxe. Ás veces achegámonos aos sitios máis turísticos, e algúns a outros menos coñecidos, para contemplar e gozar da paisaxe que nos brinda a nosa costa, coa mirada ao horizonte posto no Atlántico. A maioría usamos o coche para ir de visita, cando contamos con rutas de sendeirismo que nos permiten... Ler +

Os turistas xa teñen as “ferramentas” para visitar os Penedos

penedos

Os turistas xa están listos para visitar os Penedos… cankente.tumblr.com  Read More

A única Paisaxe Protexida da Costa da Morte por fin ten guía

A Dama da Costa da Morte vixia o Val de Vimianzo

 Na Costa da Morte existe un lugar onde pasean as pantasmas de Frank Sinatra e de Robespierre. Onde hai camelos, osos e sapoconchos xigantes. Onde a antiga cultura dos Moai da Illa de Pascua tamén deixou varias monumentais pegadas. Onde esfinxes e dinosauros conviven con lobos e coellos. Son os Penedos de Pasarela e Traba, a única da Costa da Morte declarada Paisaxe Protexida. A... Ler +

Éxito no I Circuíto de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía

Esta I edición foi valorada como éxito rotundo por parte da organización.

Esta I edición foi valorada como éxito rotundo por parte da organización. O domingo 27 de xaneiro de 2013, celebrouse en Muxía, a 7ª proba e clausura, do I Circuíto de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía, que organizou o Concello de Muxía e o Club Xadrez Cabo Touriñán.  A xornada, foi toda unha festa deportiva, na que nenos e maiores gozaron do xadrez e dun ambiente... Ler +

A ornitoloxía galega debate no esteiro de Anllóns

Corvo Mariño. /Foto: Raúl Carrillo/ http://sgosgo.org

A Costa da Morte estáse a converter dende hai uns anos nun referente no campo do estudo das aves en Galicia. Grazas á instalación de miradoiros, rutas e paneis informativos da man de importantes expertos como Rabuñal Patiño, este saber achégase ao gran público, en especial aos rapaces da escola. Así mesmo, os expertos acoden cada ano coa celebración de congresos, que non... Ler +

“Area nos ollos”, un exercicio de memoria histórica

baldaio imaxe xunta

No 2007 un grupo de estudantes de Comunicación Audiovisual da USC rodaban e estreaban a curta documental Area nos ollos: a loita por Baldaio 30 anos despois (dirixido por Iván Seoane, a partir da idea de María Rama). Recordaban os feitos daquel 8 de maio de 1977, cando Carballo viviu a manifestación máis importante que poida recordar a xente da capital de Bergantiños. Agora,... Ler +

A etapa da Fin do Mundo

A etapa da Fin do Mundo /Foto: Manuel Rial/

Dende o centro de Galicia ata a fin do mundo. Así de simbólica se presenta a cuarta etapa da Vuelta Ciclista a España 2013, que por segundo ano consecutivo chega á Costa da Morte. O martes 27 de agosto a serpe multicor sairá de Lalín e entrará na Costa da Morte subindo ó Mirador do Ézaro, un dos lugares máis espectaculares da última edición da Vuelta, que abraiou ós... Ler +

“Facer o que aqueles que están obrigados a facelo, non fan”

A súa última obra perdura en Pasarela. /Foto: Manuel Rial/

En decembro de 2008 a Xunta do bipartito declaraba como Paisaxe Protexida aos Penedos de Pasarela e Traba, por mor da ameaza de que se ía instalar alí unha canteira. Pasaron catro anos, e dende aquela o único que pasou no lugar foi que medraron os toxos e as xestas. A Consellería de Medio Ambiente tiña a obriga de aprobar no 2010 un Plan de Conservación da Paisaxe Protexida... Ler +