O “Xogo de Tronos” das Terras de Soneira

portada moscoso stark

Xogo de Tronos (Game of Thrones) despediuse esta semana dunha trepidante cuarta temporada deixando aos seus seguidores orfos nas tarde-noites do luns. Que pasa agora? Como podemos vivir sen saber quen será o próximo en morrer? Xa non nos quedan uñas por morder! Teremos que arriscarnos a ler os libros do malvado George R. R. Martin? Pois vouvos propoñer outra cousa: coñecer... Ler +

A Festa da Lingua

festalingua

Hoxe é a festa da nosa lingua. Hoxe conmemoramos un ano máis o Día das Letras Galegas. Por certo, xa suman tres “días” nos que en Compás celebramos con vós esta festividade, incluíndo aquel 17 de maio de 2012 no que comezamos esta aventura de unir a cultura, a Costa da Morte e facelo na nosa lingua. Onte en Carballo tivo lugar a Festa da Lingua, unha gala na que entre... Ler +

O monstro da Gándara

feismo portada

Dende sempre parecéronme curiosas as estruturas de placa e formigón que salpican a xeografía do país. Misteriosas, gardan o segredo de quen se decidiu a crear unha casa que non tiña moi seguro poder rematar. Por que comezaron a construción entón? Houbo algún impedimento legal? Só económico? A que espera o dono para acabar co monstro creado? Nisto todo ía cavilando mentres... Ler +

Domingo de Entroido en Carballo

entroidocarballo

Por Sofía Caamaño Deus O cheirume a pedra mollada mesturábase onte, en Carballo, coa dozura do algodón de azucre e co espírito entroideiro que comunicaban a chegada da tradicional comparsa. A rúa Coruña interpretaba o rol de fiestra e deixaba entrever a festexada que se estaba celebrando na praza do concello. A música venceu a choiva que tentara, nun intento errado, arruinar... Ler +

Na rede de novo!

portada aniversario compas

Volvemos. Soa estraño estar escribindo sobre a volta do Compás cando nunca se dixo “adeus”. Ese “adeus” foise retrasando porque no fondo non críamos nel. Era un… “véxote agora”. Lonxe queda a nosa última publicación; un chisco máis lonxe aquel  17 de maio de 2012. Este medio online para comunicar a axenda e a cultura da Costa da Morte xurdiu con moita ilusión... Ler +

A Etapa da Fin do Mundo en imaxes

1234730_10200542963605496_1398374919_n

Foron moitos os afeccionados ao ciclismo e curiosos da Costa da Morte que se achegaron o pasado martes ata os concellos costeiros de Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra para ver pasar a chamada “Etapa do Fin do Mundo” da Vuelta Ciclista a España. Logo do rotundo éxito do ano pasado, a expectación e seguimento ante o paso pelotón volveron  ser espectaculares. Nesta etapa,... Ler +

“Eu quero ser coma el” – Rosalía Fernández Rial

feira libros cee

“Eu quero ser coma el”: soñadora, pirata, acróbata. Quero roubar botóns, parafusos e alfinetes para atanguer o misterio dos tesouros. Quero habitar tellados de lonxas vetustas e sentirme paxaro fugaz. Preciso namorar de novo, con entusiasmo infantil. Amantes: volvede ilusionarme. Non podo vivir sen voar. Quero bolboretas no bandullo! Reivindico, con empeño militante, a miña... Ler +

O “sotaque” de Aurelia, artigo de Mariña Pérez Rei

mariña perez portada artigo carballo

A cobiza axexando a costureira. Sainete ou drama? Podería ser un cantar de cego, unha forma de absurdo contra o silencio especulador. O desaloxo pola forza dunha anciá. A súa voz soa (fermosa moradía) contra os especuladores: o seu seseo (implosivo e explosivo), as ultracorreccións en castelán, esa prosodia de arrastre. Porque digámolo xa, o “sotaque” do galego de Aurelia... Ler +

Os palillos de Camariñas falarán nunha ducia de lingua distintas

Presentation1

Disque foron os italianos ou os flamengos quen trouxeron a arte do Encaixe ao país hai máis de cincocentos anos. O mito da orixe deste traballo artesán colle na Costa da Morte selo propio. Segundo conta a lenda, un barco italiano naufragara hai moito tempo fronte as perigosas costas de Camariñas. Unha das sobrevivintes, unha dama italiana, en recompensa pola axuda ofrecida polos... Ler +

A aventura do cine no Corme da posguerra

cartel_unosPasosDeMujer_1941 (2)

Unhas das características inherentes á Costa da Morte é a súa natureza salvaxe. Ademais dos valiosos produtos da terra e o mar, a paisaxe tamén pode ser fonte de riqueza como escenario para localizar as historias de ficción do cine e a televisión. A presenza dunha produción audiovisual non só aporta beneficios para o lugar no momento da gravación, senón tamén a súa... Ler +