Adeus ao Howard Carter de Vimianzo

roberto mouzo

Unha mañá no estanco da Praza, Roberto contábame que estaba buscando un cervo en Cambeda. Era unha das súas últimas pescudas arqueolóxicas, logo de explicarme que atopara o dolmen máis próximo ó núcleo urbano de Vimianzo nos montes da Cruz de Loureiro, a pouco máis dun quilómetro da vila. Era a mámoa de Prado Garrido, que xa está oculta pola maleza  e bastante desfeita. Grazas... Ler +

“Area nos ollos”, un exercicio de memoria histórica

baldaio imaxe xunta

No 2007 un grupo de estudantes de Comunicación Audiovisual da USC rodaban e estreaban a curta documental Area nos ollos: a loita por Baldaio 30 anos despois (dirixido por Iván Seoane, a partir da idea de María Rama). Recordaban os feitos daquel 8 de maio de 1977, cando Carballo viviu a manifestación máis importante que poida recordar a xente da capital de Bergantiños. Agora,... Ler +

O mar non é de ninguén

prestige 2

Para os homes e mulleres con dignidade Estábamos ceando á luz dunha vela. Non era unha cea romántica. Era novembro. Non había luz na casa, coma tantas outras veces no outono. Caería algunha fase, dicían os vellos. Aquel foi o primeiro día que oímos un nome que nunca esqueceremos: Prestige. A luz volveu pero non aclarou nada. Os días seguintes estiveron cheos de desacougo... Ler +

Oghalá veña outro!

O traballo dos voluntarios foi determinante para conseguir a limpeza das praias. /Foto: Xan Fernández Carrera/

O traballo dos voluntarios foi determinante para conseguir a limpeza das praias. /Foto: Xan Fernández Carrera/ Ao voluntariado, que esperemos non nos garden rancor. Tiña 13 anos, estaba na casa vendo a televisión unha tarde cando de repente se interrompe a programación para dar paso a un avance informativo: un petroleiro chamado Prestige estaba á deriva fronte ás costas de... Ler +

O can de Malpica

chindor naufraxio

Lembrábase perfectamente da data. Fora un sábado a comezos de marzo do 56. Repetiuno tantas veces que a min tampouco se me esquece. O Entroido deixara paso xa á estrita Coresma. Meu avó nunca foi moito de igrexas nin de curas, pero iso si que non o podía pasar por alto: “a carne nin tocala”. Éranvos cousas de antes… Estaba a rematar o inverno, un dos máis... Ler +

Punto final a un verán de festivais

A infraestrutura do festival mellorouse na edición deste ano. /Foto: Oti Fzn/

O xeados máis solicitados fóronse esgotando nos bares, o sol foi quentando cada día un pouco menos, as verbenas foron acabando…foi rematando o verán. E os que tamén acabaron foron os festivais, ata o ano que vén. A época estival é propicia para organizar e asisitir a concertos e, se nunha mesma noite son varios mellor. Iso seguro que foi o que pensaron os organizadores... Ler +

A voz de Castelao na banda deseñada, Titoán de Inacio e Iván Suárez

Por Beatriz Romero A banda deseñada segue a ser un medio propicio para falar da actualidade, sobre todo se poñemos atención ás viñetas que cada día recollen os xornais ao pé de artigos de opinión e crónicas. Moitas veces actúan como contrapunto á seriedade dos textos que os rodean e dan una perspectiva diferente sobre temas de interese xeral. Pero se cadra estas imaxes... Ler +

A chuvia foi a banda sonora protagonista en Valarés

rubick

“V de vai chover” escoitábase ás 4 da madrugada en Balarés. O rapaz que o dicía estaba sendo irónico, pois a tormenta de verán xa caera na praia pontecesá. De feito, quedaba boa noite, incluso calorosa. Pero o peor xa pasara. A zona de acampada era unha lameira, o recinto dos concertos outro tanto e o festival cancelado. Segundo a organización o problema foi a gran cantidade... Ler +

Proxectando o neorrealismo italiano

roma_citta_aperta_r3_c1

Laiábanse os profesores de audiovisual da falta de cineclubes. E tiñan razón. A carteleira do cinema comercial pode entreter pero desde logo fai falta moita historia do cine e películas diferentes, que resultan ser case sempre independentes, para ter máis visións do que é a chamada sétima arte. O problema é que para que existan os cineclubes, ou algún sucedáneo dos mesmos,... Ler +

Sereas e Piratas, o festival de música independente que medra ano tras ano

joe crepusculo

Prognosticaban bo tempo e non se equivocaron. A praia de Razo brillou durante toda a pasada fin de semana, e non só polo tan agardado sol que ateigou os areais desta praia da capital bergantiñá ate os topes, senón porque en Razo desembarcaron un ano máis o Sereas e Piratas, festival que xa vai camiño de convertese nunha das citas ineludibles do verán para os amantes da música... Ler +