“Esa amante secreta de Eduardo Pondal”, por Óscar de Souto.

PONDAL1

O día do festiletras foi un día sinalado para toda a nosa Costa, i en especial, para a ponte – pechada, ou sexa …. (Puenteceso), “A Bugalleira” que era como se lle chamaba ata principios do século XIX. Este pasado domingo, 8 de febreiro, cumpríronse xa os 180 anos do nacemento do bardo bergantiñán,  Eduardo González-Pondal Abente, aquel poeta que escribiu “Campanas... Ler +

‘Costa da Morte': Cando o mar é un todo.

'Fotograma paisaxe alteridade'.

Dise que quen nace no mar, botarao de menos sempre que se atope lonxe del. Resulta difícil, coma galego e habitante dunha vila de costa, achegarse a un filme coma Costa da Morte e non sentir a brisa mariña que tantas penas cura cando as cousas non semellan ir tan ben coma deberan. E é que a cinta de Lois Patiño, que xa é por méritos propios o novo enfant terrible do panorama... Ler +

De Liverpool ás Sisargas

portada priam

DE LIVERPOOL ÁS SISARGAS Empeza o filme. Pantalla en negro. A luz dun faro atlántico comeza a espertar. Lentamente, a ritmo de amencer nubrado. Entre as brumas debúxase, pouco a pouco, a paisaxe dunha praia. E no medio do areal… Non pode ser! No medio do areal: un piano. Un piano saído do mar! Sublime secuencia! Excelsa fotografía! Onde está ambientada a película? -En Nova... Ler +

Domingo de Entroido en Carballo

entroidocarballo

Por Sofía Caamaño Deus O cheirume a pedra mollada mesturábase onte, en Carballo, coa dozura do algodón de azucre e co espírito entroideiro que comunicaban a chegada da tradicional comparsa. A rúa Coruña interpretaba o rol de fiestra e deixaba entrever a festexada que se estaba celebrando na praza do concello. A música venceu a choiva que tentara, nun intento errado, arruinar... Ler +

“Eu quero ser coma el” – Rosalía Fernández Rial

feira libros cee

“Eu quero ser coma el”: soñadora, pirata, acróbata. Quero roubar botóns, parafusos e alfinetes para atanguer o misterio dos tesouros. Quero habitar tellados de lonxas vetustas e sentirme paxaro fugaz. Preciso namorar de novo, con entusiasmo infantil. Amantes: volvede ilusionarme. Non podo vivir sen voar. Quero bolboretas no bandullo! Reivindico, con empeño militante, a miña... Ler +

O Rei León convértese no Rei da Costa da Morte

portada entroido fisterra

O premio do 25 aniversario do Entroido máis senlleiro da Costa da Morte tivo que resolverse entre animais. Os de Buxantes eran animais do disfrace e da posta en escena; os de Lires, animais do humor e da crítica retranqueira. Finalmente, O Rei León de Buxantes e a súa tropa de habitantes da sabana levaron o primeiro premio despois dun empate en puntuación. A comparsa fisterrá,... Ler +

O soneto musicado de Miro Villar

Miro Villar recitando

“Non me importa ser lama se ti me purificas” é o último verso do soneto “Negación de Ulises e Teseo” que Miro Villar (Cee, 1965) escribiu alá polos noventa. E a catarse do poeta ceense chega agora coa cerimonia da música culta. O compositor Miguel Brotóns (Alacante, 1965) confeccionoulle unha harmonía á medida dos versos deste soneto de Equinoccio de primavera (Esquío,... Ler +

MIRADAS

483442_3822913132056_1889798048_n

“Somos MIRADAS sen cabeza. Cos ollos do revés. Podemos ver a través de ti. Dentro. Moi dentro. Ata acampar no teu iris e mastigarche as retinas”   entoaron, no meu maxín, os cadros da exposición colectiva. Como un himno; co alento indomeable da voz conxunta. Palpitaban as obras ao mesmo compás porque compartían un atributo común: a intensidade. Desde perspectivas... Ler +

O paso do tempo nas rochas do Cabo Touriñán

Península Toruiñán

Por Jesús Bermúdez Areas A península de preto dun quilómetro sobre o Atlántico que constitúe o Cabo Touriñán permitiulle ó longo do tempo ser protagonista e testemuña de feitos históricos. Converteuse no lugar elixido polos romanos para dar culto a Octavio Augusto, en escenario bélico na primeira guerra mundial e en inspiración literaria en cantares populares e obras... Ler +

A liberdade reclamada por Juan Antonio Posse

semescom_soesto_praia

Na aldea dicíase que a casa na que nacera o crego liberal Juan Antonio Posse ( Soesto, Laxe, 1766 – San Andrés del Rabanedo, León, 1854) debía ter un tellado case a rentes do chan. En Soesto falábase de que a finca na que se criara o cura estaba custodiada no alto pola cancela de Mariana. Gumersindo de Azcárate gardaba as memorias de Posse na súa biblioteca á... Ler +