AMESMALÚA

amesmalua

  “La LUNA vino a la fragua con su polisón de nardos. El niño la mira, mira. El niño la está mirando” cantaba Federico García Lorca no seu Romancero Gitano; un sentir popular con voz de vangarda; balas literarias dun xenio andaluz. Lorca apañaba a esencia sementada polo pobo e inventaba árbores inéditas. Na patria universal da Fantasía. Curioso proceso creativo,... Ler +

Senda Nova a L’Azorea Cima – Eva Cameán

7926539320_3ff793cb27_o

Por Eva Cameán Din que a veces a realidade supera á ficción, e incluso en casos moi contados chega a superar á imaxinación, os soños e as altas expectativas que unha persoa ten sobre algo ou alguén. Sabía que esta viaxe ía ser especial, que ía disfrutar todo o que puidera e máis, que ía aprender ó máximo posible, pero sempre partindo desde a base de que eu xa mo imaxinaba... Ler +

Os pecados que se están a esvaecer en San Xulián de Moraime

gula

Por Laura Lor As pinturas murais de San Xulián de Moraime representan os sete pecados capitais e a morte como un ciclo articulado ó longo do muro norte desta igrexa románica do século XII –hoxe parroquial, na Idade Media a dun importante mosteiro-. Estas representacións teñen un interese fundamental como patrimonio histórico-artístico e como testemuña cultural, pois... Ler +

Mareas que seguen moi vivas – Alba Reigada

mareas vivas portada

Os recordos que se teñen da infancia son do máis aleatorios e sen sentido. Hainos para todos os gustos, bos, malos, memorables, divertidos e en moitos casos veñas de onde veñas e naceras onde naceras, son similares: o momento de abrir os presentes no Nadal, as primeiras caídas por mor de aprender a andar na bicicleta, os baños na piscina ou no mar cos pais e irmáns…... Ler +

#prazadoslibros – Rosalía Fdez. Rial

Praza dos libros

Feiras, festas máis mercados! Xoldas incombustibles e esmorga sen tregua. O verán deste recuncho atlántico coñece a diversión en todos os seus formatos; gastronómico, familiar, trasnoitador ou comercial. Ningún acontecemento carece de celebración e, de non existir suceso extraordinario, inventamos escusas para pasalo ben. Actitude, a referida, que considero encomiable,... Ler +

Exprés literario

Miro Villar recitando

Este venres, o Cabo da Vila deixou de ser unha praza pública. A ágora máis senlleira do porto que habitamos esqueceu a realidade das lousas para converterse en estación literaria. Quizais por iso nos ilusionamos con agardar un tren sen rumbo, como personaxes de Beckett ante o seu destino inalcanzábel. Só que negándonos a ancorar o cadáver en escenarios baleiros. Nós quixemos... Ler +

A costa agochada de Lires

/Foto: Jesús Bermúdez/

Por Jesús Bermúdez Na marxe galega máis occidental, flanqueada polos concellos de Fisterra e Muxía, sitúase a costeira parroquia de Santo Estevo de Lires. Unha parroquia pequena en extensión e con pouca  poboación, pero con importantes atractivos. Este recanto da costa ostenta a marca de posuír a ría máis pequena de Galiza, acolle a desembocadura do río Castro, constitúe... Ler +

A carón da Vía Láctea

paula3

Por José Manuel Menéndez (Asociación Ambiental Senda Nova). Tardou en chegar a noite. Cando nos visitou xa tiñamos andado varios centos de metros, os máis costentos. As primeiras rampas de saída da aldea de Quintáns, na parroquia de Gándara ( Zas) foron duras e serviron de previa aos exercicios de quecemento que tan ben dirixe Mikael. Foron necesarios, pois a subida fíxose... Ler +

A choiva nunca mollará un corazón quente

O pobo, eufórico na batalla de globos. /Foto: MRial/

Por Adrián Gondar: Din dende tódolos lados que este foi o Asalto máis visitado dende que a conmemoración á rebelión irmandiña fronte á familia dos Moscoso comezou o seu percorrido, alá hai xa 17 anos. Case dúas décadas nas que non se conseguiu obter a categoría de festa de interese turístico, pero non tardará en acadar esta honra de seguir con esta tendencia á alza,... Ler +

“Unha edición rigorosa, agradable e necesaria” de «A narrativa mariña» de López Abente. Por Rosalía Fernández Rial

Abentenarrativa02-205x300

Sambade Soneira, S. (ed.), Gonzalo López Abente, A narrativa mariña, Vigo, Biblioteca das letras galegas, Xerais, 2012.   O último exemplar da BIBLIOTECA DE AUTORES GALEGOS, A narrativa mariña (2012), pronúnciase con acento muxián. Non só polos trazos dialectais da prosa abentiana, senón tamén pola procedencia orixinal do seu editor, Suso Sambade. E é esa circunstancia... Ler +