O monstro da Gándara

feismo portada

Dende sempre parecéronme curiosas as estruturas de placa e formigón que salpican a xeografía do país. Misteriosas, gardan o segredo de quen se decidiu a crear unha casa que non tiña moi seguro poder rematar. Por que comezaron a construción entón? Houbo algún impedimento legal? Só económico? A que espera o dono para acabar co monstro creado? Nisto todo ía cavilando mentres... Ler +

Unha casa con catrocentos anos de historia ameaza ruína

casa fidalga portada

1607. Quedade coa cifra ben gravada na cabeza cando miredes as imaxes deste novo capítulo da miña viaxe polas desgrazas arquitectónicas da Costa da Morte. Desta vez, o forte vento do Nordés arrastroume terra adentro, até Berdoias, no concello de Vimianzo, (que por certo, van estar de festa. Anda que non son eu espelido!). Como sempre fago ao chegar a un novo lugar para pousar,... Ler +

O “xardín das delicias” de Corcubión

corcubion feismo 3

É ben fermoso o seo de Fisterra cando se pon a luz do sol e o monte Pindo brila e destaca con tons vermellos sobre a paisaxe. Encántame ver este espectáculo pendurado no vaivén das barcas do porto de Corcubión, gozando ao mesmo tempo da magnífica vista sobre a arquitectura tradicional desta vila mariñeira. As galerías das casas que miran cara ó mar forman unha fermosa estampa,... Ler +

O celme do feísmo agóchase preto do Anllóns

pincho ponteceso

Un dos meus lugares favoritos para pasar unha boa tempada de reflexión e calma, cando por fin marcharon as aves migratorias, é sen dúbida o esteiro do Anllóns. Tan fermoso, tan rico en vida, tan multicultural e multiespecial… Quero dicir, que hai moitas especies. Por algo se está a poñer de moda alí o turismo ornitolóxico, que iso é algo que non chego a entender.... Ler +

Deus apreta pero non afoga…

cruceiro trasouteiro agora portada

Os cruceiros son un símbolo da cristianización do pagán, de marcar co sagrado un cruzamento de camiños, unha desgraza ou mesmo, ultimamente, algo tan terreal coma os lindes dunha propiedade. En Trasouteiro, un pequeno lugar unido á zona urbana de Vimianzo pola rúa de Tedín, vemos de novo a obsesión do galaico por marcar as súas posesións sexa como sexa. San Francisco,... Ler +

Aínda que se vista de pedra…

O chafalleiro chan coa chafalleira obra.

Nas miñas continuas viaxes pola Costa da Morte ultimamente estou levando gratas sorpresas. Os veciños da zona están abrindo os ollos e dándose conta das monstrosidades que se foron creando por cada recuncho desta terra. Moitos valados de formigón comezan a pintarse para disimular polo menos e moitas paredes están a descubrir as súas entrañas de pedra sacando o cemento que... Ler +

Para cumprir con Sanfins, salta obstáculos sen fin.

Cormorán… Uuuuh! Cormorán… Uuuuh! Cormorán… Uuuh! Cormorán… Uuuh! Xa non se me quita a cancionciña da cabeza! Estou do Puma e o pavo real, e o galo sube, e o gavián e a pomba ata o mesmo moñudo! Non estou feito para as verbenas, pero quixen achegarme a unha para vela en primeira persoa e ademais aproveitar para facer un pouco de visita cultural e antropolóxica.... Ler +

Onde o bloque é o rei

É ben sabido que aos cormoráns coma min encántannos estar preto do mar. Baixo as augas está o noso alimento e non adoitamos  vivir lonxe da costa. Así e todo, o outro día pasei por un lugar preto do esteiro do Anllóns voando baixo. Reparei no lugar de Sinde, na parroquia de Canduas, ao ver unhas construcións máis que chamativas. Alí o bloque era o rei. Parece que aló... Ler +

O edificio inacabado de Quenxe

O edificio atópase nos arredores da praia de Quenxe

O edificio atópase nos arredores da praia de Quenxe Despois de pasar uns días de retiro pola desembocadura do río Anllóns visitando un acuario de rás improvisado, púxenme de novo a voar na busca de novas terras, mares e praias. Crucei entón media Costa da Morte para chegar a Corcubión. A vila de San Marcos ademais de ser coñecida polo seu casco medieval tamén ten moita... Ler +

De cando as rás cantan nunha edificación inacabada

Entre dous edificios pontecesáns as rás teñen o seu hábitat. /Foto: Noelia Antelo/ Voaba de camiño ao esteiro de Cabana, intentando guiarme polo Anllóns, cando fixen parada no centro de Ponteceso. Pensaba que non se me perdía nada pola rúa principal ata que vin unha piscina natural entre dous edificios. “Unha pasada”, pensei. “Mira ti que ben o pensaron!” É ironía... Ler +