Fotogalería “Derrubando muros con pintura”

IMG_6823

Con esta galería fotográfica convidámoste a percorrer o “museo” de arte urbana no que se converteu Carballo durante este 2014. E tamén podes ler, se aínda non o fixeches, o artigo que xa publicamos en marzo sobre o proxecto Derrubando muros con pintura.  Até agora, son 17 murais repartidos pola vila coa participación doutros tantos autores, que deixaron a súa... Ler +

Xullo festivaleiro: Asalto, Solpor e Nordestazo

festivais-xullo-compas

Nada máis comezar o verán a Costa da Morte énchese de música con romarías, festivais e verbenas. O mes xullo trae tres citas festivaleiras: Asalto ao Castelo, Festival Solpor e Nordestazo Rock. No Compás invitámoste a coñecelas un pouco mellor estes tres eventos cun estilo musical ben distinto. ASALTO AO CASTELO  -Vimianzo, 5 xullo- O Asalto chega á súa XIX edición... Ler +

Os irmandiños de Vimianzo xa están preparados para o Asalto ao Castelo

Kepa Junkera presenta Galiza en Vimianzo.

E resiste cal irmandiño diante das portas de pedra e ferro dunha fortaleza inexpugnable na noite á luz dos fachos. Resiste a festa da Revolta, en tempos nos que é máis que precisa, nos que o sistema feudal mudou de caras e adaptouse aos Modern Times. Resiste e faise forte, robusta como o castro dos alicerces das Torres de Martelo, con fortes piares nos que sosterse: música,... Ler +

Unha webserie carballesa moi especial

Javi Camino gravando unha escena en Monte Neme cos dous actores. [Foto: Carballo Interplay]

“Toñito, ti es especial”. Xa llo dicía súa nai e el intentará descubrir o porqué. Conseguirao? Esta historia de extraterrestes (ou non tanto) é o resultado do obradoiro de webseries ofrecido dentro do Festival de Webseries “Carballo Interplay”, que a finais deste mes de abril terá lugar na localidade carballesa. Vinte mozos e mozas carballeses participamos... Ler +

A arte tamén pode derrubar muros

IMG_4152a

Que custa máis, derrubar un edificio ou pintalo? Desta pregunta que soa materialista, ou pragmática se queremos, parte a xenial idea de acabar co feísmo do casco urbano de Carballo. Cando menos de intentalo, pois quedar, queda moito por facer. Así xorde Derrubando muros con pintura. O concelleiro Xosé Regueira tiña a idea na cabeza cando chegaron á localidade en novembro,... Ler +

Viaxes no tempo de balde no castro de Niñóns

castro croas portada

No medio da minguante escuridade do amencer, unha nena móvese silenciosa entre os muros de pedra das casas dos seus veciños. Non quere que ninguén esperte. Ela xa non puido pegar ollo en toda a noite, pensando no que ía pasar cando as primeiras raiolas de sol iluminasen os teitos das súas casas. De súpeto nos seus pés algo se move e berra. O galo canta, dándolle a benvida... Ler +

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

costa da morte fisterra portada

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin... Ler +

Con V de diversión, con V de Valarés

IMG_2505

A néboa non impediu que a xente estivese en Balarés gozando dos concertos durante o día. [FOTOS: Noelia Antelo] The Bright actuaron na sesión vermú. Amencía con néboa en Balarés, co B ou co V, dá igual. A estas alturas seguimos preguntándonos cal é o correcto ou se é cuestión idiomática. A néboa fixo un pequeno amago de despexar para que o sol polo menos acompañase... Ler +

Fotogalería: Visita a Muxía e ás súas Rutas do Mar

P1040811a

O turista que se achegou a Muxía nesta fin de semana probablemente non sabía moi ben de que se trataba a festa. Unha mestura de homenaxe ao mar, como non podía ser doutro xeito nesta vila mariñeira, e época medieval. O que si estaba claro era que para comer non había problema. A maioría dos postos eran de comida, con produtos como cigalas, navallas, percebes, tortilla, empanada,... Ler +

Fotogalería: XXX Mostra da Olería de Buño

Olería2013

A Mostra da Olería de Buño (Malpica de Bergantiños) celebra neste 2013 os trinta anos. Cunha gran afluencia de visitantes durante a fin de semana, nótase un ambiente máis relaxado durante estes días. Postos de venda, exposicións no interior de olería e pintura, talleres de barro pola tarde para os máis cativos e actuacións de baile tradicional xunto con compañías de... Ler +