Os trinta anos da Carballeira máis solemne

portada carballeira 2013

Ao pasar o arco de recepción da carballeira de Velar sabes que entras nun lugar sagrado. As luces brancas e amarelas fan xogos de sombras entre os carballos e os eucaliptos dun bosque máxico que cada agosto se enche de amantes do folk. As árbores asisten como un festeiro máis agardando ao espectáculo da música atlántica. Xabi Aburruzaga inauguraba o cartel da Carballeira... Ler +

O espectáculo ancestral da Rapa das Bestas enche o curro da Areosa

rapa bestas vimianzo portada

Tensión, terra, pó e rinchos. Este domingo o curro da Areosa volveu encherse de xente de toda a comarca, e até de fóra da fronteira galega (Pola mañá, na Ruta do Oeste había unhas vinte persoas chegadas dende Madrid, La Rioja e Valencia, que viñan expresamente á Rapa).  Os asistentes foron un público ben paciente, xa que o espectáculo retrasouse máis dunha hora do previsto... Ler +

Lume, calor e loita no Asalto máis multitudinario

asalto portada moscoso

O nacemento das revoltas e a maioría de idade do Asalto fundíronse a máis de 30 graos para crear a edición máis exitosa quizais da festa dos irmandiños de Vimianzo. O público, veciños e forasteiros, encheron de vida a vila durante varios días creando un ambiente distinto, medieval e onde por uns días todo son caras novas. Había moitos anos (centos, claro está) que a... Ler +

Cee aínda é bonito!

portada cee bonito

Os lectores do Compás xa coñecen ao Cormorán Asustado, ese gran afeccionado á arquitectura que nos trae algunhas das xoias urbanísticas realizadas ó longo da Costa da Morte. Pois hoxe queremos inaugurar unha sección completamente diferente, o contrapunto ao Cormorán. Sabemos de sobra que temos as paisaxes máis fermosas e tamén, por desgraza, as vilas máis feas e desfeitas.... Ler +

Borneiro, terra de Castelos e pedra

borneiro portada

Borneiro é ben coñecido en todo o país polos seus grandes monumentos arqueolóxicos: o dolmen de Dombate e o castro da Cibdá. Dende sempre foi un lugar propicio para a vida, pois trátase dun val fértil rodeado por dúas dorsais montañosas ao leste e ao oeste que o protexen dos ventos duros e cunha disposición que favorece a insolación. A parroquia de Borneiro é unha terra... Ler +

Tres dolmens a pé dende Vimianzo

portada dolmen vimianzo 2

Se a Costa da Morte é unha terra rica en xacementos megalíticos, o concello de Vimianzo destaca  entre todos por ter o maior número de mámoas e polo ben que se conservan algunhas delas. Como mostra disto, oito das catorce mámoas do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo pertencen a este concello soneirán. Realmente, nestes momentos, pouca importancia ten este dato xa... Ler +

O Camiño dos faros, sendeirismo para descubrir a Costa da Morte

portada camiño dos faros

Se de algo podemos estar orgullosos na Costa da Morte é da beleza da nosa paisaxe. Ás veces achegámonos aos sitios máis turísticos, e algúns a outros menos coñecidos, para contemplar e gozar da paisaxe que nos brinda a nosa costa, coa mirada ao horizonte posto no Atlántico. A maioría usamos o coche para ir de visita, cando contamos con rutas de sendeirismo que nos permiten... Ler +

Dombate achégase ao seu aspecto orixinal

dolmen actual portada

Pouco despois da conmemoración do vintecinco aniversario do inicio das escavacións no dolmen de Dombate, a pasada semana deuse un paso máis na súa restauración. O corredor do megalito recuperou a súa aparencia orixinal, a que tiña cando era utilizado como lugar de enterramento. A empresa Arkaios rematou a colocación das dúas lousas que cubrían o acceso, no que as pinturas... Ler +

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Segunda parte)

costa da morte antiga portada

Pica aquí para ler a primeira parte. A viaxe en barco pola ría de Corcubión dende O Pindo impresiona a Audrey F. G. Bell.  Todas as sensacións que vai recollendo neses momentos (os cantares dos mariñeiros, as casas brancas, as cores da auga, o son da fala…) fan levar ó inglés a pensar en Grecia. De feito, para el o país galego é “unha mestura de Escocia ou Cumbria... Ler +

O Rei León convértese no Rei da Costa da Morte

portada entroido fisterra

O premio do 25 aniversario do Entroido máis senlleiro da Costa da Morte tivo que resolverse entre animais. Os de Buxantes eran animais do disfrace e da posta en escena; os de Lires, animais do humor e da crítica retranqueira. Finalmente, O Rei León de Buxantes e a súa tropa de habitantes da sabana levaron o primeiro premio despois dun empate en puntuación. A comparsa fisterrá,... Ler +