Fotogalería “Derrubando muros con pintura”

IMG_6823

Con esta galería fotográfica convidámoste a percorrer o “museo” de arte urbana no que se converteu Carballo durante este 2014. E tamén podes ler, se aínda non o fixeches, o artigo que xa publicamos en marzo sobre o proxecto Derrubando muros con pintura.  Até agora, son 17 murais repartidos pola vila coa participación doutros tantos autores, que deixaron a súa... Ler +

Os irmandiños de Vimianzo xa están preparados para o Asalto ao Castelo

Kepa Junkera presenta Galiza en Vimianzo.

E resiste cal irmandiño diante das portas de pedra e ferro dunha fortaleza inexpugnable na noite á luz dos fachos. Resiste a festa da Revolta, en tempos nos que é máis que precisa, nos que o sistema feudal mudou de caras e adaptouse aos Modern Times. Resiste e faise forte, robusta como o castro dos alicerces das Torres de Martelo, con fortes piares nos que sosterse: música,... Ler +

Viaxes no tempo de balde no castro de Niñóns

castro croas portada

No medio da minguante escuridade do amencer, unha nena móvese silenciosa entre os muros de pedra das casas dos seus veciños. Non quere que ninguén esperte. Ela xa non puido pegar ollo en toda a noite, pensando no que ía pasar cando as primeiras raiolas de sol iluminasen os teitos das súas casas. De súpeto nos seus pés algo se move e berra. O galo canta, dándolle a benvida... Ler +

A “Vuelta” chega hoxe á fin do mundo

portada vuelta cilista fisterra

Os afeccionados ao ciclismo da Costa da Morte e tamén os curiosos levan tempo agardando a cita de hoxe. Por fin a Vuelta rematará no final de todos os camiños, na fin da terra. Este domingo, xa se adiantaron ducias de corredores que participaron na Marcha Cicloturista da Fin do Mundo. Foi unha ruta de 115 quilómetros que partiu do concello de Cee para ir ata Pino do Val, dende... Ler +

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

costa da morte fisterra portada

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin... Ler +

Coñecendo Vimianzo dende os catro puntos cardinais

ruta do norte 14-07

Vimianzo é máis ca un castelo. Dolmens; aldeas, cruceiros e igrexas medievais, castros, tumbas romanas e suevas, montes… Todo isto se pode visitar en bus turístico, nas rutas que organiza o Concello cada domingo de verán, e que chegan xa á súa recta final. Por el pasaron xentes de puntos de toda a Península: dende Valencia, Madrid, Bizkaia ou La Rioja. Tamén veciños... Ler +

Fotogalería: Visita a Muxía e ás súas Rutas do Mar

P1040811a

O turista que se achegou a Muxía nesta fin de semana probablemente non sabía moi ben de que se trataba a festa. Unha mestura de homenaxe ao mar, como non podía ser doutro xeito nesta vila mariñeira, e época medieval. O que si estaba claro era que para comer non había problema. A maioría dos postos eran de comida, con produtos como cigalas, navallas, percebes, tortilla, empanada,... Ler +

Fotogalería: XXX Mostra da Olería de Buño

Olería2013

A Mostra da Olería de Buño (Malpica de Bergantiños) celebra neste 2013 os trinta anos. Cunha gran afluencia de visitantes durante a fin de semana, nótase un ambiente máis relaxado durante estes días. Postos de venda, exposicións no interior de olería e pintura, talleres de barro pola tarde para os máis cativos e actuacións de baile tradicional xunto con compañías de... Ler +

A Mostra da Olería de Buño cumpre 30 anos

oleriabuño

A localidade malpicá de Buño xa está preparándose para a Mostra da Olería. Este ano celebra a súa 30ª edición a partir do vindeiro venres 2 de agosto, cando terá lugar o acto inaugural dunha programación chea de actividades, que rematarán o domingo 11. A XXX Mostra da Olería conta con actividades permanentes que terán lugar na Casa do Oleiro (A Camposa, Buño). Os... Ler +

O espectáculo ancestral da Rapa das Bestas enche o curro da Areosa

rapa bestas vimianzo portada

Tensión, terra, pó e rinchos. Este domingo o curro da Areosa volveu encherse de xente de toda a comarca, e até de fóra da fronteira galega (Pola mañá, na Ruta do Oeste había unhas vinte persoas chegadas dende Madrid, La Rioja e Valencia, que viñan expresamente á Rapa).  Os asistentes foron un público ben paciente, xa que o espectáculo retrasouse máis dunha hora do previsto... Ler +