Andaina para homenaxear a un xenio

penedos andaina portada

O historiador local Roberto Mouzo, afeccionado só por non ter unha carreira, sempre gardou un cariño especial polos espléndidos Penedos de Pasarela e Traba. Durante a súa vida tivo traballado moito pola difusión e protección desta paraxe, xunto co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Un mapa realizado por el mesmo, poucos meses antes do seu falecemento, guía... Ler +

O Asalto ao Castelo desvela como celebrará a súa maioría de idade

Este ano haberá desfile de moda medieval. /Foto: Manuel Rial/

E o Asalto cumpriu a maioría de idade. Un título que lle chega sen o apoio da Xunta de Galicia, que lle denega a solicitude para poder ser declarada Festa de Interese Turístico Galego, algo que o Concello de Vimianzo xa recorreu. A edición número 18 segue apostando por grupos de calidade musical e por historias ben elaboradas, sempre distintas, para realizar a tradicional loita... Ler +

A santa dos tolos

portada montetoran

No alto do monte Torán, en Bamiro (Vimianzo) érguese unha capela construída sobre superstición e ritos precristiáns. Todos os anos, en plena primavera, centos de romeiros da comarca soben ó cumio do outeiro para curar os males da cabeza. “A Montetorán, todos os tolos van”. As orixes destas costumes pérdense na historia, pero o que si é certo, é que esta ermida se levantou... Ler +

Cee aínda é bonito!

portada cee bonito

Os lectores do Compás xa coñecen ao Cormorán Asustado, ese gran afeccionado á arquitectura que nos trae algunhas das xoias urbanísticas realizadas ó longo da Costa da Morte. Pois hoxe queremos inaugurar unha sección completamente diferente, o contrapunto ao Cormorán. Sabemos de sobra que temos as paisaxes máis fermosas e tamén, por desgraza, as vilas máis feas e desfeitas.... Ler +

Coñece a Costa da Morte coas “Andainas” desta primavera

sendeirismo camariñas portada

Andainas 2013 Coñece a Costa da Morte, é o nome dunha iniciativa conxunta de varios concellos da nosa costa para coñecelos mellor grazas á práctica do sendeirismo. Paisaxe e deporte únense unha vez máis, nestas rutas organizadas a partir de abril e ata finais de maio. Sendeiristas no Cabo Vilán, o ano pasado. /Foto: Concello de Vimianzo/ A programación foi presentada en... Ler +

Borneiro, terra de Castelos e pedra

borneiro portada

Borneiro é ben coñecido en todo o país polos seus grandes monumentos arqueolóxicos: o dolmen de Dombate e o castro da Cibdá. Dende sempre foi un lugar propicio para a vida, pois trátase dun val fértil rodeado por dúas dorsais montañosas ao leste e ao oeste que o protexen dos ventos duros e cunha disposición que favorece a insolación. A parroquia de Borneiro é unha terra... Ler +

Tres dolmens a pé dende Vimianzo

portada dolmen vimianzo 2

Se a Costa da Morte é unha terra rica en xacementos megalíticos, o concello de Vimianzo destaca  entre todos por ter o maior número de mámoas e polo ben que se conservan algunhas delas. Como mostra disto, oito das catorce mámoas do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo pertencen a este concello soneirán. Realmente, nestes momentos, pouca importancia ten este dato xa... Ler +

Os palillos de Camariñas falarán nunha ducia de lingua distintas

Presentation1

Disque foron os italianos ou os flamengos quen trouxeron a arte do Encaixe ao país hai máis de cincocentos anos. O mito da orixe deste traballo artesán colle na Costa da Morte selo propio. Segundo conta a lenda, un barco italiano naufragara hai moito tempo fronte as perigosas costas de Camariñas. Unha das sobrevivintes, unha dama italiana, en recompensa pola axuda ofrecida polos... Ler +

O Camiño dos faros, sendeirismo para descubrir a Costa da Morte

portada camiño dos faros

Se de algo podemos estar orgullosos na Costa da Morte é da beleza da nosa paisaxe. Ás veces achegámonos aos sitios máis turísticos, e algúns a outros menos coñecidos, para contemplar e gozar da paisaxe que nos brinda a nosa costa, coa mirada ao horizonte posto no Atlántico. A maioría usamos o coche para ir de visita, cando contamos con rutas de sendeirismo que nos permiten... Ler +

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Derradeira parte)

portada costa da morte III

Pica aquí para ler a primeira parte. Pica aquí para ler a segunda parte. “Camariñas, rodeada de piñeirais e nubes de gaivotas, ten xardíns e hortas ben gorecidos, parras de viño, verbena, etc. A area invade as rúas e as casas e permanece ó redor da pequena capela da Nosa Señora do Carme.” O viaxeiro británico Aubrey F. G. Bell levou mellor impresión da “pombiña... Ler +