Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

costa da morte fisterra portada

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin... Ler +

O espectáculo ancestral da Rapa das Bestas enche o curro da Areosa

rapa bestas vimianzo portada

Tensión, terra, pó e rinchos. Este domingo o curro da Areosa volveu encherse de xente de toda a comarca, e até de fóra da fronteira galega (Pola mañá, na Ruta do Oeste había unhas vinte persoas chegadas dende Madrid, La Rioja e Valencia, que viñan expresamente á Rapa).  Os asistentes foron un público ben paciente, xa que o espectáculo retrasouse máis dunha hora do previsto... Ler +

A Costa da Morte vive a noite do lume

san xoan portada

“No día de san Xoán baila o sol pola mañán.” “O día de san Xoán, as fogueiras acesas están.” “En San Xoán pinga a sardiña no pan.” E por fin chega unha das festas máis agardadas do almanaque para un galego: a noite do solsticio de verán, cristianizada despois para o San Xoán. Na véspera da noite do 23 hai que ir mercando as sardiñas... Ler +

A santa dos tolos

portada montetoran

No alto do monte Torán, en Bamiro (Vimianzo) érguese unha capela construída sobre superstición e ritos precristiáns. Todos os anos, en plena primavera, centos de romeiros da comarca soben ó cumio do outeiro para curar os males da cabeza. “A Montetorán, todos os tolos van”. As orixes destas costumes pérdense na historia, pero o que si é certo, é que esta ermida se levantou... Ler +

As comparsas de Piñata triunfan na Costa da Morte

As Badaladas de Entroido puxeron o "glamour". /Foto: Manuel Rial/

Ademais dos numerosos enterros de sardiñas, percebe, Mikaela, Caietano e Farruco, o sábado foi día de concursos de Entroido na Costa da Morte. O último celebrouse en Baíñas, cita que conseguiu sorprender pola enorme cantidade de público e as ganas de festa dos seus asistentes. O lacón con grelos e as filloas non faltaron malia estarmos xa en tempos da coresma, e a troula... Ler +

A Mikaela encheu de troula as rúas de Buño

micaela portada

Calquera escusa é boa para seguir celebrando o Entroido. E se falamos da Mikaela de Buño, mellor. A pequena vila malpicá acolleu este sábado a centos de persoas, tanto veciños coma xente de fóra. Sobre todo mozos, pero tamén maiores e cativos, buscaron no armario o último disfrace deste ano para despedir o Entroido por todo o alto. A Mikaela durante a “misa”... Ler +

Dous exércitos desfilaron polas rúas de Vimianzo no Entroido

As Danzatecas foron unhas das máis premiadas. /Foto:  Manuel Rial/

Por terra, por mar, e, sobre todo, por aire, chegaron as comparsas da capital soneirá no seu día grande. O Luns de Entroido o protagonista é Vimianzo. Malia a chuvia e ser día laborable xuntouse bastante xente no desfile e aínda máis despois no pavillón, onde se tivo que realizar o concurso. O impresionante conxunto das Danzatecas marcou o paso do desfile ó son dos ritmos... Ler +

O Rei León convértese no Rei da Costa da Morte

portada entroido fisterra

O premio do 25 aniversario do Entroido máis senlleiro da Costa da Morte tivo que resolverse entre animais. Os de Buxantes eran animais do disfrace e da posta en escena; os de Lires, animais do humor e da crítica retranqueira. Finalmente, O Rei León de Buxantes e a súa tropa de habitantes da sabana levaron o primeiro premio despois dun empate en puntuación. A comparsa fisterrá,... Ler +

O Entroido de Dumbría finaliza con dúas comparsas gañadoras

Dúas comparsas resultaron gañadoras no festival de Entroido que se celebrou onte en Dumbría. Malia que a choiva estivo presente durante a celebración, o público non fallou a unha das citas obrigadas da Costa da Morte neste tempo previo á coresma. O exército de Gures converteu o desfile das comparsas nunha auténtica marcha militar. /Foto: Cedida/ O Festival de Comparsas deu... Ler +

Entroido na Costa da Morte 2013

portada entroido

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas... Ler +