As festas infantís e as comparsas, principais protagonistas do Entroido en Malpica

Gr‡fico2

O concello de Malpica celebra o Entroido desde hoxe ata o próximo domingo 17. Máis dunha semana de festexos na que non faltarán os tradicionais concursos de comparsas ademais de personaxes habituais como a Mikaela, o Faustino e o Farruco. O entroido comeza esta tarde na localidade costeira cunha Festa Infantil na Ludoteca Municipal de 17.00 a 18.30 horas (só para os rapaces... Ler +

Os artistas locais protagonizan o Entroido cabanés

entroido_cabana

O prato forte do entroido de Cabana de Bergantiños é o martes de entroido. O festivo local celébrase cunha ampla oferta lúdica, centrada en xogos e obradoiros, gastronomía a base de filloas, exposición fotográfica, música e pasarelas de disfraces para xuntar a todos os veciños do concello con ganas de troula no Pavillón Municipal. A partir das 5 da tarde, os máis cativos... Ler +

Entroido en Laxe co Caietano

entroido_laxe

O día grande do Entroido en Laxe será o vindeiro 10 de febreiro, cando haberá desfile e festa de comparsas, dinamizada polo tradicional Caietano e un par de grupos de animación de zancudos da compañía Troula Animación. O programa complétase durante a semana do entroido con obradoiros pola mañá os días 11, 12 e 13, destinados aos rapaces dende os 4 aos 12 anos. Por outra... Ler +

Zas prepara un entroido para grandes e pequenos

O entroido comeza en Zas con obradoiros e xogos  pensados para os nenos de 5 a 12 anos. A actividade realizarase en Baio e en Zas partir do 7 de febreiro e para ambos lugares é necesaria a inscrición previa dos participantes. Por outra banda, os maiores teñen a oportunidade de disfrazarse cos nenos para o baile e concurso do sábado 9 de febreiro. A cita será no Centro Sociocultural... Ler +

Camariñas reparte o Entroido polas parroquias

entroido camariñas 2013

Cinco días de Entroido por todo o concello. Así celebran en Camariñas a festa dos disfraces que comeza na Ponte do Porto o sábado 9. Haberá unha festa con inchables, música e globoflexia na Feira do Gando a partir das 16.30h. O domingo 10 a festa irá máis repartida, comezando nun pasarrúas da comparsa vimiancesa Danzatecas polo lugar da Ponte do Porto. Despois comeza a... Ler +

Carballo celebra o Entroido durante unha semana

entroido

O Entroido en Carballo está pensado para todos os públicos, mantendo practicamente as mesmas actividades ca outros anos, así como as subvencións e premios. As dúas citas máis importantes na capital de Bergantiños son o domingo 10, cando terá lugar o xa tradicional Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas; e o Martes de Entroido, cando se celebra o Enterro da... Ler +

Corcubión xa ten todo listo para o Entroido

Cartel do Entroido 2013

Cartel do Entroido 2013 O vindeiro día 9 de febreiro as comparsas e os amantes do Entroido teñen que facer a súa parada en Corcubión. A cita terá lugar ás 4 da tarde na praza de Castelao despois de que todos os concursantes participen no desfile que percorrerá as rúas da vila. En caso de choiva, a cita terá lugar na Casa da Cultura. Cabe citar que o concurso vai constar... Ler +

Ponteceso e Corme súmanse aos bailes de disfraces

Sin título

O Concello de Ponteceso, como outros da Costa da Morte, quere seguir fomentando a tradición do Entroido, polo que un ano máis terá lugar o Desfile de Disfraces na vila. A cita é o domingo 10. Ás 5 da tarde comezará o desfile con todos os participantes. Estes sairán da praza do Relleno e percorrerán vestidos de antroideiros as rúas ata chegar ao pavillón. Esta parte suspenderase... Ler +

Muxía e Dumbría gardan os postos da fin de semana para o Entroido

cachucha porco

Xa non quedan máis días libres no Entroido. Se o luns se vive en Vimianzo e o martes é o día grande de Fisterra, Muxía convoca o concurso de disfraces para o sábado 9 e Dumbría para o domingo 10. No Concello de Muxía están decididos este ano a recuperar a tradición do Entroido polo que haberá novidades desta vez. O gran pasarrúas de carnaval sae do Cabo da Vila ás... Ler +

Fisterra e Vimianzo contan os días para o Entroido

ENTROIDO FISTERRA

O concello co Entroido de máis sona da Costa da Morte xa está listo para coller as carautas, ó presentar hoxe o cartel destas festas. O sábado terá lugar o desfile de disfraces e das comparsas participantes ó son das gaitas para rematar na Praza da Constitución onde o baiés Jorge Mira lerá o pregón. O domingo está pensado para que os cativos sexan os protagonistas. Ademais... Ler +