Un outono de luxo para a Casa da Cultura de Vimianzo

Ses portada

Preto dunha ducia de espectáculos, do máis alto nivel nacional e sen ter que pagar un peso. Parece incrible, pero é verdade. Trátase da programación dos domingos da Casa da Cultura de Vimianzo, que volve ser temática: outubro será tempo de teatro; novembro, tempo de música e decembro, tempo de Nadal. Tempo de teatro O teatro comeza xa nas últimas horas de vida de setembro,... Ler +

Comeza a estación do teatro en Carballo

metodo gronholm talia

Logo dunha boa tempada de verán, chega a chuvia. A auga é necesaria para que os cogumelos agromen con forza e as castañas cheguen no seu mellor estado ós lumes do outono. Do mesmo xeito, parece ser que os malos tempos axudan a que a cultura resista con forza e busque novas vías para adaptarse. O Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT) de Carballo chega na súa 21º... Ler +

Os Días Felices de Cee rematan á espera de Godot

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O gran dramaturgo Samuel Beckett, nunha das súas obras máis senlleiras, colocara á súa protagonista, unha señora de “mediana idade”, semisoterrada baixo unha morea de cascallos e cunha cegadora luz de fronte, no medio do escenario. Dende esta situación, a muller falaba e contaba as súas penas. O título desta obra non podía ser mellor: Días felices. A xente... Ler +

Cee despide esta noite á súa derradeira Mostra de Teatro

E chegou o día. Hoxe Cee celebra a festa do teatro, pero tamén chora a perda do único evento deste tipo que había na Costa da Morte. Logo dun cuarto de século a Mostra de Teatro, organizado pola compañía Talía Teatro, di adeus para sempre, logo de agonizar durante os últimos anos por falta de apoio institucional. Os nenos gozarán durante todo o día con actuacións de... Ler +

Cabaré e Cadaval na Mostra desta noite en Cee

"Nana para un soldado" Ghazafelhos

A Mostra de Teatro de Cee estase a vivir dun xeito moi intenso e emotivo, xa que esta edición será a derradeira logo de 25 anos de historia. Paradoxalmente para preparar a despedida de mañá, esta xornada afróntase con humor. "Nana para un soldado" Ghazafelhos   As tres primeiras funcións, como de costume, están orientadas a todos os públicos. Ás 12.30, estarán... Ler +

Comeza a XXV e última Mostra de Teatro de Cee

pequena

Como xa o anunciamos o pasado 8 de agosto, a Mostra de Teatro de Cee deste ano vai ser a definitiva. Deste xeito, Talía Teatro baixa a persiana nas vodas de prata do único evento deste tipo que había na Costa da Morte. As representacións comezarán o día 23 de agosto e prolongaranse ata o día 26, durante estes 4 días veremos pasar polos escenarios un total de 19 compañías... Ler +

A XXV Mostra de Teatro de Cee será a derradeira

mostra teatro cee

O cartel desta edición da Mostra de Teatro de Cee xa o di todo. Talía Teatro baixa a persiana nas vodas de prata do único evento deste tipo que había na Costa da Morte. Unha bosta con moscas voando enriba das tres letras que marcaban o final dos filmes deixa ben claro que non haberá outra. Artur Trillo e Toño Casais, os máximos responsables da Asociación Cultural Talía... Ler +

Comeza a Semana Cultural de Zas

pandereitaadro

En Zas non poden agardar ó sábado para gozar da música e da festa da Carballeira e por iso preparan unha semana cargada de actividades culturais, máis de 40 distintas. Onte inaugurouse a Semana Cultural con música e baile tradicional da Asociación Cultural Castro-Meda e da A.C. O Adro. Ademais pódense visitar cinco exposicións no centro sociocultural da vila soneirá. Os... Ler +

Buño xa ten programa para a XXIX Mostra da Olería

cartel oleria de buño

Un ano máis celébrase na localidade malpicá de Buño a Mostra da Olería. A deste 2012 é a 29ª edición dunha cita tradicional cada verán. O vindeiro venres 3 de agosto será o acto inaugural dunha semana chea de actividades, que rematarán o domingo 12. A XXIX Mostra da Olería conta con actividades permanentes que terán lugar na Casa do Oleiro (A Camposa, Buño). Os visitantes... Ler +

Música, teatro, obradoiros e exposicións na Semana Cultural de Zas

semanculturalzas

Un ano máis o concello de Zas concentra as súas actividades culturais na semana que precede á Carballeira de Zas. Dende o 29 de xullo ata o 5 de agosto os veciños e visitantes disfrutarán dun programa completo que traerá música, manualidades, gastronomía, teatro, obradoiros e exposicións á vila soneirá. As actividades ocupan as xornadas ao completo e están pensadas para... Ler +