Fisterra, fin de etapa da Vuelta

No Compás xa adiantabamos en outubro os ruxe-ruxe sobre que a Vuelta volvería pasar pola Costa da Morte, e parece ser que se confirma. Fisterra será a meta dunha etapa que sairá de Lalín, do centro do país cara a fin da terra. Polo menos é o que asegura o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, xa que polo momento os organizadores da Vuelta non teñen confirmado o percorrido. O que parece seguro é que a serpe multicor pasará... Read More

Camariñas vive o Nadal co I Festival do Circo

Durante cinco días o espírito do circo e do clown animará ós veciños do concello de Camariñas co I Festival do Circo. Celebrarase en Camariñas durante os días 26, 27 e 28 e na Ponte do Porto durante o 29 e o 30. A entrada para os espectáculos é de balde e todos comezan ás 6 da tarde. Espectáculo de Ringo Rango. Camariñas, na Casa de Pedra – Ringo Rango (26): Tres pallasos surrealistas nun cóctel impensable a todo ritmo. –... Read More

Os carteiros reais xa pasaron por Ponteceso

O Carteiro Real xa vai ben cargado estes días cos centos de sobres onde se gardan as ilusións dos nenos de Ponteceso. Durante estes días estiveron recollendo as cartas en galego polos colexios do concello. O Nadal xa está ás portas. Carteira Real. /Foto: Concello Ponteceso/ O sábado 22 celebrarase o XVI Certame de Corais ás 20:30 horas na Igrexa dos Remedios de Corme, na cal participarán as corais do concello máis unha convidada de Betanzos. Para... Read More

Malpica vive o Nadal máis clásico

Con poucas sorpresas e do xeito máis clásico e tradicional, en Malpica xa se está a vivir o Nadal dende a colocación da Árbore mailo acendido das luces. O carteiro real visitará estes días os distintos colexios para levarlles as peticións dos cativos ós Reis.  E para ter lista unha boa ambientación continúan os Obradoiros de decoración de Nadal na Fonte da Praza Anselmo Villar Amigo das 17.00h ás 19.00h. Rematan o venres pola tarde. E... Read More

Un Nadal Pequespectacular para Carballo

A capital de Bergantiños comeza o Nadal Cultural con teatro, aínda que dirixido cara os rapaces de ESO e Bacharelato. Mañá (martes 18) farán unha viaxe polo teatro galego dende o Rexurdimento ata agora da man do Teatro da Esmorga e Que empece a función. E para os máis cativos, o venres 21 a compañía Baobab Teatro traerá á Ludoteca municipal un espectáculo de Contacontos ás 18.00h. Dous días antes, o mércores 19, a Asociación Lumieira... Read More

O Nadal de Zas e Baio, feito para os veciños e polos veciños

A programación cultural e de lecer no Nadal de Zas compleméntase entre as actividades programadas dende o Concello e pola FABA (Federación de Asociacións de Baio). Deste xeito conseguiron crear un programa próximo ós veciños que dá vida ás pequenas vilas principais. O venres 14 comezan as actividades coa presentación do libro La cocina de Juan Bautista do Restaurante A Lareira de Baio, e de seguido inaugurarase a Axencia Municipal de Lectura.... Read More

O Nadal en Fisterra comeza este venres

Cartel da programación do Nadal fisterrá 2012 O programa cultural e deportivo de Nadal do Concello de Fisterra dará comezo o vindeiro venres cun obradoiro de elaboración de centros de mesa de Nadal en Sardiñeiro. Para participar é preciso inscribirse antes do 13 de decembro no teléfono 981740001. O obradoiro continuará o sábado 22 de decembro. Cabe citar que gran parte do programa deste ano céntrase nos máis cativos, destacando a videoconferencia... Read More

Vimianzo amosa o Nadal dende o escaparate

Dous concursos volven ser as grandes marcas do Nadal vimiancés: un de decoración de escaparates e outro de postais deseñadas por rapaces. Polo demais, continúan os clásicos xogos, obradoiros e teatros para nenos coas citas de Papá Noel, coa animación de rúa, e os Reis Magos, que xa teñen marcado o seu percorrido polo concello. Con todo, hai citas distintas coma un torneo de tute, un campionato de duatlón e unha orixinal Festa infantil de... Read More

Viaxe ás terras rodeadas de Atlántico

Bretaña, o Alentejo, Cornualles… O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte non deixa de percorrer os países atlánticos e celtas e emprende desta vez unha viaxe cara Normandía e o norte da Bretaña francesa. A illa do monte Saint-Michel, un dos puntos máis visitados de Francia (Foto:Roi Vila) Entre os días 21 e 28 de agosto, son sete días de viaxe nos que se visitarán lugares impresionantes como a abadía do Monte Saint Michel,... Read More

Poesía e panxoliñas en Laxe para adiantarse ó Nadal

O concello de Laxe prepara un adianto da súa programación de Nadal. Na fin de semana do 15 e o 16 o verso será o protagonista na vila da Atalaia. O sábado 15 celebrarase a IX Edición do Festival de Panxoliñas, na que participan varias corais da zona. Desta vez estarán a de San Eleuterio de Tella (Ponteceso), a de San Xoán de Xerres (Muros) e para rematar a Coral local, a Polifónica Municipal Atalaia de Laxe. A cita será ás 19.30 horas... Read More

Páxina seguinte »