Medio ichavo de letras labartianas

As pandeiretas e gaitas de Adro abriron e pecharon o festival do Día das Letras Galegas en Baio Os alumnos do colexio Labarta Pose representaron O punto da escarola Ao final da actuación, a mestra Sinda Cundíns fixo subir ao escenario ao autor da obra, Xosé Antón Neira Cruz, que felicitou os rapaces e reclamou as Letras para Labarta Os mozos do IES Maximino Romero Lema interpretaron unha serie de escenas cómicas tituladas “Parellas... Read More

A vida cultural de Baio está en perigo

Dende comezos do verán sabiamos que este momento había chegar: na última asemblea de socios da Asociación Cultural Adro de Baio a directiva presentou a súa demisión. Despois de dous anos no cargo, a presidenta da entidade, Sabrina López, anunciou o cese do equipo ao cumprir o seu compromiso de mandato bianual. Polo momento ningún socio quixo presentar a súa proposta polo que a continuidade está en risco. Os baieses agardan que de contado... Read More

Comeza a Semana Cultural de Zas

En Zas non poden agardar ó sábado para gozar da música e da festa da Carballeira e por iso preparan unha semana cargada de actividades culturais, máis de 40 distintas. Onte inaugurouse a Semana Cultural con música e baile tradicional da Asociación Cultural Castro-Meda e da A.C. O Adro. Ademais pódense visitar cinco exposicións no centro sociocultural da vila soneirá. Os primeiros en actuar foron o grupo de baile Churía da A.C. Castro-Meda... Read More

¿Es d´aquí ou vés á Carballeira? Guía para o bo uso da festa

Dende que teño memoria o comezo do verán sempre estivo marcado para min pola data da Festa da Carballeira. Iso é o normal se es de Baio. Lembro que cando miraba as datas dos exames na facultade a miña máxima ambición era que non cadrasen despois do último domingo de xuño. Os maiores din que xa hai máis de corenta anos que se ven facendo esta celebración. Segundo oín comezaron os traballadores dunha piscifactoría coa tradición de facer... Read More