A cita co Rockin’ enche Carballo

O San Xoán carballés toca ao seu fin e onte houbo cita de rockeiros no Rego da Balsa. Aínda non eran as once da noite cando comezaba o Rockin´ coa música dos Apart, un dos grupos máis emerxentes da capital de Bergantiños. Sorprendeu coma sempre a forza no escenario da vocalista interpretando temas compostos polo propio grupo. A continuación, o trío madrileño The Government foi a introdución perfecta ao que estaba por vir. A carpa empezou... Read More