Os trinta anos da Carballeira máis solemne

Ao pasar o arco de recepción da carballeira de Velar sabes que entras nun lugar sagrado. As luces brancas e amarelas fan xogos de sombras entre os carballos e os eucaliptos dun bosque máxico que cada agosto se enche de amantes do folk. As árbores asisten como un festeiro máis agardando ao espectáculo da música atlántica. Xabi Aburruzaga inauguraba o cartel da Carballeira 2013. /Foto: Beatriz Romero/ Os agarimosos sons do acordeón de Xabi Aburruzaga... Read More

O Compás cumpre un ano promovendo a cultura da Costa da Morte

No Día das Letras Galegas do difícil ano 2012 un grupo de comunicadores botaba adiante un novo proxecto cultural para a Costa da Morte, unha terra que semellaba erma. Non vos imos enganar, estabamos asustados, pero ó mesmo tempo emocionados e ilusionados. Pasaron xa doce meses e ó botar a vista atrás quedamos ben satisfeitos co que puidemos conseguir sen ningún respaldo económico importante, máis que a nosa propia vontade e agarimo para facervos... Read More

O “Casón”. 25 anos da catástrofe

Na madrugada do 5 de decembro do 1987, o mercante panameño “Cason”  incendiábase  a poucas millas de Fisterra  cando ía rumbo a Shanghai. Unhas horas máis tarde, o buque quedaba encallado ó sur da praia do Rostro pese ó aparente intento dos remolcadores de conducilo a alta mar. Remolcadores tratando de levar ó “Casón” mar adentro. Os trinta e un tripulantes que viaxaban a bordo abandonaron o barco apresuradamente por orde... Read More

“O noso repertorio é diferente porque pensamos que a xente está cansada de oír o típico”

O 29 de decembro de 2002 un grupo de dezaoito coralistas cantaron catro panxoliñas na igrexa de Baio. Así nacía a Coral Polifónica Xan Mella, do encontro de dúas personalidades singulares: José Rojo, Pepe de Valiña, dinamizador cultural da vila, e Tatiana Pankrátrova, profesora de música bielorrusa. Dende aquela, veñen cantando polas catro provincias galegas, Asturias, León, Madrid e Portugal. Despois de gravar dous discos, recentemente... Read More

Todo en marcha para a conmemoración dos 216 anos do nacemento de Fernando Blanco de Lema

Antón Coucheiro e o seu monólogo "Ola, veño do futuro" estarán no Salón de Actos do Concello de Cee o sábado 27 Esta fin de semana a Fundación Fernando Blanco de Lema en colaboración con Ferroatlántica e co Concello de Cee celebra o aniversario o 216 aniversario do nacemento de Fernando Blanco de Lema. Estes actos de conmemoración enmárcanse dentro da programación cultural a desenvolver por parte do Padroado que conta co financiamento... Read More

Cúmprense 300 anos da morte do ceense máis universal

Torre da Berenguela. /Foto: Marcos do Espiritusanto Domingo Antonio de Andrade (1639-1712) foi un arquitecto nacido en Cee e que desenvolveu principalmente a súa obra na segunda metade do século XVII e a comezos do XVIII converténdose no principal promotor do transito ao barroco en Galicia. Andrade trasládase na súa xuventude a Santiago para estudar na Facultade de Artes da Universidade de Santiago de Compostela completando posteriormente os... Read More

Cee non esquece a obra de Domingo Antonio de Andrade

A obra máis coñecida de Andrade é sen dúbida a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago. /Foto: Marcos do Espiritusanto/ Domingo Antonio de Andrade é sen dúbida un dos artistas máis importantes que existiron en Galicia. O próximo día 12 de outubro cúmprense 300 anos da súa morte e o Concello de Cee ten preparadas unha serie de actividades para conmemorar esta data. Entre elas destacamos  unha exposición da vida e obra de Andrade, un ciclo... Read More