“O Asalto é para nós unha oportunidade de luxo para amosar a nosa música” Samarúas

Aos rapaces do Samarúas non lles chegan as horas de ensaio durante esta semana. De feito contestaron ás preguntas cos instrumentos aínda na man no medio das probas. Os nervios son moitos, pero as ganas tamén. Son máis dun sesenta por cento Costa da Morte, polo que o Asalto non lles é alleo. É máis nunca faltan á cita. Comezan a súa andaina a finais do ano pasado e no seu curto traxecto xa contan cun premio: encabezaron o SondoBarbansa... Read More

“Cando entrei na Central Folque, non me imaxinaba que tocaría cos Cempés” Antía Ameixeiras

Con 9 anos Antía Ameixeiras colleu o violín na man por primeira vez. Sabía que era un instrumento complexo, pero o amor a primeira vista fixo que se convertera na súa principal afección. Daquela nunca esperaría subirse ó escenario da Carballeira de Zas, diante de milleiros de persoas para tocar cun dos mellores grupos do folk galego, Os Cempés. Antía Ameixeiras conseguiu tocar cos Cempés na súa terra. /Foto: Manuel Rial/ Agora está estudando... Read More

O pacto cos mouros deixou boa noite para Velar

Media ducia de pandeiretas resoaban dende a profundidade dos bosques. A música baixaba polas augas do río e buligaba entre as follas dos carballos e dos eucaliptos correndo monte arriba, cara á cima do castro. Os mouros e as xacias fixeran un pacto, a música debía calmar as tempestades. Hai uns días falabamos con Lupe Nieto, a presidenta da Asociación Cultural Castro Meda, e xa nos contaba o perxudicial que pode ser unha noite de chuvia na... Read More

Noite de lendas para os alumnos da Escola de Verán da FEP

Os alumnos e monitores da Escola de Verán, que a Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso desenvolve durante os meses de verán, realizaron o venres á noite unha saída ó Pozo da Señora para desfrutar dun espectáculo nocturno ó carón das augas do río Lagares. O encontro contou con diversas actuacións musicais como a da banda de gaitas Inllar, a de Alba Costa, a de Silvia Losada e a de Antía Ameixeiras. Pola súa parte, Sofía González foi... Read More