“Se hai algunha posibilidade de que apareza o medallón será divulgando a súa historia” Mario Maceiras, da A. Monte Pindo Parque Natural

A historia do Medallón das Sete Pitas ten moito de lenda, pero tamén de realidade. Esta marabillosa peza, que fora atopada perto da fervenza do Xallas, perdeuse durante a Guerra Civil. Case un século despois volvemos ter noticias delas grazas á Asociación Monte Pindo Parque Natural, que vén de crear unha perfecta copia da mesma para poder estudala e encadrala no seu contexto histórico, algo nada doado, como nos explica o secretario da asociación,... Read More

Tres dolmens a pé dende Vimianzo

Se a Costa da Morte é unha terra rica en xacementos megalíticos, o concello de Vimianzo destaca  entre todos por ter o maior número de mámoas e polo ben que se conservan algunhas delas. Como mostra disto, oito das catorce mámoas do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo pertencen a este concello soneirán. Realmente, nestes momentos, pouca importancia ten este dato xa que a Xunta parece que deixou esquecido o proxecto nun caixón que só... Read More

Dombate achégase ao seu aspecto orixinal

Pouco despois da conmemoración do vintecinco aniversario do inicio das escavacións no dolmen de Dombate, a pasada semana deuse un paso máis na súa restauración. O corredor do megalito recuperou a súa aparencia orixinal, a que tiña cando era utilizado como lugar de enterramento. A empresa Arkaios rematou a colocación das dúas lousas que cubrían o acceso, no que as pinturas e gravados permanecían ao descuberto dende as escavacións de finais... Read More

«Cando marchaba para casa, mirei de reollo e vin o petróglifo» Esteban Sestaio

Onde quedou o tempo no que unha escavación arqueolóxica era un misterio e os dolmens eran considerados perfectas canteiras de pedra? Pouco a pouco, as xeracións máis novas van collendo conciencia do respecto do patrimonio histórico, da protección do noso pasado. É máis, o patrimonio está a chegar a espertar auténtico interese ata para os que non son arqueólogos licenciados nin especialistas na materia. Persoas coma Esteban Sestaio ou Petrallo... Read More

O castro das Barreiras saca o espírito arqueólogo en Vimianzo

O Castro das Barreiras de Vimianzo é o centro maila razón da celebración das Xornadas Castrexas na capital soneirá. Unhas conferencias que nacen coa idea e o obxectivo de poñer en valor e coñecemento este incrible monumento arqueolóxico que impacta na paisaxe do Val. De feito, esta noite ás 21.30h está previsto un acto simbólico reivindicativo para pedir a súa escavación inmediata. Dende a Asociación Cherinkas mailo Seminario de Estudos... Read More

“Brandomil. A chave de Roma”, primeira reportaxe audiovisual do Compás

“Agora daselle importancia, pero nós ó pasado, vaia por Deus, non lle damos importancia ningunha!” Así de sincera se amosaba María, unha das veciñas de Brandomil, que atendeu sen reparo ás nosas preguntas. A aldea romana, o lugar afundido que rexurdiu dos seus cimentos e que agora volve ó abandono co avellentamento da poboación. Esa aldea é a protagonista da primeira reportaxe audiovisual do Compás da Costa. Un documental moi... Read More

“O patrimonio debe ser un negocio para todos pero de xeito transparente” Manuel Gago

No serán do venres asistimos á presentación de Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI na libraría pontecesana A tenda dos libros. A obra de Xurxo Ayán (Lugo, 1976) e Manuel Gago (Ribeira, 1976) recolle “as súas experiencias coa xente do país no eido da arqueoloxía e a comunicación ao longo de quince anos”. Dende a súa saída do prelo, os autores xa fixeron presentacións en varias... Read More

Dombate, a corazón aberto

Os visitantes do Dolmen de Dombate por fin terán acceso ó corazón da capital do megalitismo galego. Tras varios meses de traballo, onte pola tarde os técnicos e responsables da Deputación da Coruña daban o visto e prace para que se abra ao público a peza que completa o centro de interpretación de Dombate, que será nun futuro a cabeza do Parque Arqueolóxico do Megalítico da Costa da Morte. No seu interior atopamos unha réplica do dolmen... Read More

Buscando a Grandimirus

Os do sur da Costa da Morte coñecen Brandomil como lugar de paso de camiño a Compostela; unha aldea como tantas outras da comarca, cruzada pola AC-441 que a simple vista non esperta ningún interese especial , agás cando se nos desvía a vista á dereita cara a ponte do século XVI que salva o río Xallas. Se puidésemos retroceder no tempo, a cousa sería ben distinta. A fermosa ponte puido ter ascendencia romana. /Foto: Manuel Rial/ Quen puidera... Read More