Fotogalería “Mercarte 2014″

Onte clausurouse en Carballo a segunda edición de Mercarte, mostra de artistas e artesáns de Bergantiños. Durante catro días, os visitantes puideron achegarse á obra dos artistas da comarca e tamén participar nos distintos obradoiros organizados. Nós achégamonos ata alí e deixámosvos esta selección de imaxes, por se non tivestes a oportunidade de visitar a exposición. ... Read More

Fotogalería “Derrubando muros con pintura”

Con esta galería fotográfica convidámoste a percorrer o “museo” de arte urbana no que se converteu Carballo durante este 2014. E tamén podes ler, se aínda non o fixeches, o artigo que xa publicamos en marzo sobre o proxecto Derrubando muros con pintura.  Até agora, son 17 murais repartidos pola vila coa participación doutros tantos autores, que deixaron a súa pegada persoal nas que antes só eran paredes grises. Se despois de... Read More

‘No paro descubrín que o meu outro traballo, ‘a Arte’, seguía pedíndome que lle adicara máis horas’, Mon Lendoiro.

José Ramón Lendoiro Esmorís (Carballo, 1971). Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño de Gráfica Publicitaria e Ilustración. Mon Lendoiro, que é así como case todos os da vila o coñecemos, acaba de inaugurar Garabato, o seu primeiro obradoiro de belas artes situado nas míticas galerías que unen as rúas Fomento e Igrexa. O horario de apertura ao público é de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30, mais se o día é solleiro a galería... Read More

Un faro de cultura na Costa da Morte

Xa temos falado algunha vez do desaproveitamento das fermosas infraestruturas fareiras que temos na Costa da Morte como espazos para a cultura, e ao mesmo tempo tamén das dificultades que existen para que iso poida pasar actualmente. Excepto Fisterra, que conta cun punto de información turística no lugar, o Faro Vilán é o único faro habitado pola cultura. A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas vén realizando un... Read More

Man volve á memoria dez anos despois

Xa pasou unha década dende que un día dos Inocentes nos levantamos coa amarga noticia da morte dunha das persoas máis queridas e entrañables da Costa da Morte: Manfred Gnädinger. O “alemán de Camelle” non puido resistir o desastre ecolóxico do Prestige que estendía a súa marea negra sobre a natureza e a súa obra. Así morreu só, na súa cabana, onde segundo o seu testamento debería descansar para sempre. Dez anos despois, coa... Read More

MIRADAS

“Somos MIRADAS sen cabeza. Cos ollos do revés. Podemos ver a través de ti. Dentro. Moi dentro. Ata acampar no teu iris e mastigarche as retinas”   entoaron, no meu maxín, os cadros da exposición colectiva. Como un himno; co alento indomeable da voz conxunta. Palpitaban as obras ao mesmo compás porque compartían un atributo común: a intensidade. Desde perspectivas diversas, exhibidas de forma distinta, pero cunha potencia capaz de... Read More

Anxo Fernández coróase como campión galego de Taekwondo

Anxo Fernández alcanzou a primeira posición seguido moi preto por Adrián Saborido O sábado foi un día histórico para o deporte da comarca xa que 2 deportistas da Costa da Morte: Anxo Fernández e Adrián Saborido alcanzaron o podio no Campionato Galego de Taekwondo na categoría de peso pesado. A competición celebrouse a pasada fin de semana na vila de Noia.  A final foi moi disputada xa que os dous deportistas, de tan só 14 anos de idade... Read More