“Cando un festival está ben ancorado nas raíces ten un plus importante” Kepa Junkera, no Asalto ao Castelo

Entre Segovia e o San Fermín de Iruñea, o músico máis internacional do País Vasco, Kepa Junkera, fai unha parada en Vimianzo este sábado para celebrar cos irmandiños a toma da Fortaleza no Asalto ao Castelo. Á 1 da madrugada, entre txalarpa, trikitixa, irrintzis, pandeiretas vascas e sons de Galicia o campo da festa tremerá ao ritmo de Galiza.  Kepa Junkera declárase namorado de Galicia. /Foto: kepajunkera.com/ Coñecías o Asalto ao... Read More

O “Xogo de Tronos” das Terras de Soneira

Xogo de Tronos (Game of Thrones) despediuse esta semana dunha trepidante cuarta temporada deixando aos seus seguidores orfos nas tarde-noites do luns. Que pasa agora? Como podemos vivir sen saber quen será o próximo en morrer? Xa non nos quedan uñas por morder! Teremos que arriscarnos a ler os libros do malvado George R. R. Martin? Pois vouvos propoñer outra cousa: coñecer a historia real. Pero a real, de verdade, quero dicir. Indagar na Idade... Read More

Os irmandiños de Vimianzo xa están preparados para o Asalto ao Castelo

E resiste cal irmandiño diante das portas de pedra e ferro dunha fortaleza inexpugnable na noite á luz dos fachos. Resiste a festa da Revolta, en tempos nos que é máis que precisa, nos que o sistema feudal mudou de caras e adaptouse aos Modern Times. Resiste e faise forte, robusta como o castro dos alicerces das Torres de Martelo, con fortes piares nos que sosterse: música, teatro, gastronomía, vontade e ánimo. Así se presenta a décimo novena... Read More

O Asalto ao Castelo desvela como celebrará a súa maioría de idade

E o Asalto cumpriu a maioría de idade. Un título que lle chega sen o apoio da Xunta de Galicia, que lle denega a solicitude para poder ser declarada Festa de Interese Turístico Galego, algo que o Concello de Vimianzo xa recorreu. A edición número 18 segue apostando por grupos de calidade musical e por historias ben elaboradas, sempre distintas, para realizar a tradicional loita no foxo do castelo. De novo, nunha gala-casting os compoñentes da... Read More

O Concello de Vimianzo pide que o Asalto sexa Festa Galega de Interese Turístico

Unanimidade de todos os grupos políticos (Foto:Manuel Rial) A Consellería de Educación, Cultura e Turismo ten agora nas súas mans a petición de todos os grupos políticos de Vimianzo.  A unanimidade no pleno desta mañá era de agardar. Todos coincidiron en sinalar que o Asalto ó Castelo de Vimianzo é un festival de referencia na Costa da Morte e que debía contar con esa condición. Trátase dunha iniciativa da Asociación Xuvenil Cherinkas... Read More

Unha noite lendaria no Asalto “máis alto”

Incribles efectos especiais /Foto: Manuel Rial/ “Este ano foi incrible”. “O mellor sen dúbida”. “As luces, os efectos, os fachos, as cancións...” Pode parecer que todas estas expresións nacen da recente euforia interior de ter asaltado nada máis e nada menos ca unha fortaleza participando nunha batalla campal. Pero pasados máis de dous días dende esa lendaria noite, podo afirmar e aseguro que o Asalto deste... Read More

“Budiño, La Pegatina e O Sonoro Maxín veñen con moita ilusión ó Asalto”. Óscar Santos, voceiro da A.X. Cherinkas

Vimianzo volve atrás no tempo, ata o 1467, cando a fortaleza soneirá era ben distinta e estaba gobernada polos Moscoso de Altamira. Daquela, os campesiños erguéronse contra os abusos do poder para rematar co asoballamento que sufrían. Tempo despois, os nobres volveron á carga e castigaron a sublevación do pobo obrigándoos a reconstruír o castelo. Neste punto nace a décimo sétima edición do Asalto ó Castelo, que este ano dura tres días.... Read More

Vimianzo colle forzas para asaltar o castelo na última semana

Só falta unha semana para que os irmandiños se ergan contra o poder, sete días para asaltar o castelo o sete de xullo. E para ir levantando os ánimos comeza unha semana chea de actividades, organizadas polo Concello de Vimianzo maila Asociación Xuvenil Cherinkas. Sete días para o Sete de xullo /Foto: Manuel Rial/ Para coñecer os puntos fortes e as debilidades da fortaleza e marcar as estratexias do ataque, Manuel Vilar Álvarez ofrece unha... Read More