Algo do que somos: Código Fonte Audiovisual

Carballo convertíase a semana pasada na capital das webseries da man do Interplay, o primeiro festival dedicado a este formato no estado. Ademais de achegarnos 35 webseries chegadas dende toda España, pasamos catro días entre presentacións, coloquios, clases maxistrais e concertos. Nesta primeira edición do festival chamounos a atención a sesión de Xosé Antonio Touriñán co seu Código Fonte Audiovisual. O Código Fonte Audiovisual naceu... Read More

“Lake debería transmitir unha calma turbia”, comenta Laura Cuba sobre a fotografía gañadora

Laura Cuba, nunha das fotografías que podemos ver na súa web. FOTO: Alejandro Lorenzo   A semana pasada coñecemos os galardoados no XV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís convocado polo concello de Carballo. O gañador, e xa van dúas veces, foi o fotógrafo Marcos Rodríguez. Unha agradable sorpresa foi descubrir que un dos accésits outorgados foi para Laura Cuba, unha moza de Oleiros de 23 anos. Licenciada en Comunicación Audiovisual... Read More

“Area nos ollos”, un exercicio de memoria histórica

No 2007 un grupo de estudantes de Comunicación Audiovisual da USC rodaban e estreaban a curta documental Area nos ollos: a loita por Baldaio 30 anos despois (dirixido por Iván Seoane, a partir da idea de María Rama). Recordaban os feitos daquel 8 de maio de 1977, cando Carballo viviu a manifestación máis importante que poida recordar a xente da capital de Bergantiños. Agora, no 2013 xa son máis de 35 anos desde que os cidadáns se ergueran... Read More

Tecnoloxía 2.0 para coñecer o territorio

O Concello de Ponteceso vén de presentar unha interesante iniciativa turística chamada Os camiños do mar. O proxecto pretende recuperar e poñer en valor todo o texido inmaterial vinculado ao entorno mariñeiro que ten como escenario o territorio do concello. De igual maneira, conxuga ecoturismo, patrimonio histórico, cultura mariñeira e novas tecnoloxías. O achegamento ao territorio Os camiños do mar vertébrase arredor de dúas rutas de sendeirismo.... Read More