O protagonista en Laxe é o teatro afeccionado

Se en Carballo está o FIOT en Laxe non queren ser menos e programan tamén para outubro un mes de teatro. A diferenza do nomeado festival, na vila mariñeira o protagonista é o teatro afeccionado. A IV Mostra de Outono de Teatro (MOTA) ofrecerá actuacións de balde todos os domingos de outubro. Por segundo ano consecutivo, a MOTA está organizada pola Asociación de Teatro Folerpas en colaboración co concello de Laxe e a deputación da Coruña.... Read More