Muxía rende homenaxe a María Teresa Alvajar

A historia de María Teresa Alvajar pode contarse dende a pel de calquera das tantas represaliadas pola ditadura franquista. Nada na Coruña en 1922, é filla de César Alvajar, xornalista e político, e da galeguista Amparo López Jean. O golpe de Estado militar obriga á familia Alvajar a escapar ó desterro, logo de pasaren polo cárcere da Coruña. Así terán que vivir afastadas da súa terra, ela e as súas irmás: Amparo, que foi escritora... Read More