As comparsas de Piñata triunfan na Costa da Morte

Ademais dos numerosos enterros de sardiñas, percebe, Mikaela, Caietano e Farruco, o sábado foi día de concursos de Entroido na Costa da Morte. O último celebrouse en Baíñas, cita que conseguiu sorprender pola enorme cantidade de público e as ganas de festa dos seus asistentes. O lacón con grelos e as filloas non faltaron malia estarmos xa en tempos da coresma, e a troula continuou máis aló da medianoite. Houbo premios para disfraces individuais... Read More

A obra de Antonio Nodar visita as orixes

O fotógrafo vimiancés Antonio Nodar nunca pensou na posibilidade de expoñer a súa obra  no seu concello, ata que lle chegou a oportunidade estes meses pasados de expoñer na Sala Antón Mouzo, dedicada ós artistas locais. E menos tería pensado que a súa obra From portrait to self-portrait chegara á súa aldea natal, Baíñas. Antonio Nodar retratado. /Foto: Manuel Rial/ O Concello de Vimianzo alonga a vida da exposición para que propios... Read More

Vimianzo amosa o Nadal dende o escaparate

Dous concursos volven ser as grandes marcas do Nadal vimiancés: un de decoración de escaparates e outro de postais deseñadas por rapaces. Polo demais, continúan os clásicos xogos, obradoiros e teatros para nenos coas citas de Papá Noel, coa animación de rúa, e os Reis Magos, que xa teñen marcado o seu percorrido polo concello. Con todo, hai citas distintas coma un torneo de tute, un campionato de duatlón e unha orixinal Festa infantil de... Read More

“Puiden ter exposto as miñas fotografías antigas sobre Baíñas, pero quixen ser honesto” Antonio Nodar

O acento de Antonio Nodar non foi arrastrado polos anglosaxóns e malia que leva dende os 17 anos en Londres, parece que nunca marchou, que aínda segue vivindo en Baíñas. En realidade acaba de chegar do Nepal. Vén de retratar a varios artistas orientais completando un traballo no que leva tres lustros da súa vida: From portrait to selfportrait. Polo seu obxectivo pasaron rostros de artistas máis ou menos coñecidos, de todo o mundo: Jaume Plensa,... Read More