“O Asalto é para nós unha oportunidade de luxo para amosar a nosa música” Samarúas

Aos rapaces do Samarúas non lles chegan as horas de ensaio durante esta semana. De feito contestaron ás preguntas cos instrumentos aínda na man no medio das probas. Os nervios son moitos, pero as ganas tamén. Son máis dun sesenta por cento Costa da Morte, polo que o Asalto non lles é alleo. É máis nunca faltan á cita. Comezan a súa andaina a finais do ano pasado e no seu curto traxecto xa contan cun premio: encabezaron o SondoBarbansa... Read More

Medio ichavo de letras labartianas

As pandeiretas e gaitas de Adro abriron e pecharon o festival do Día das Letras Galegas en Baio Os alumnos do colexio Labarta Pose representaron O punto da escarola Ao final da actuación, a mestra Sinda Cundíns fixo subir ao escenario ao autor da obra, Xosé Antón Neira Cruz, que felicitou os rapaces e reclamou as Letras para Labarta Os mozos do IES Maximino Romero Lema interpretaron unha serie de escenas cómicas tituladas “Parellas... Read More

Zas prepara un entroido para grandes e pequenos

O entroido comeza en Zas con obradoiros e xogos  pensados para os nenos de 5 a 12 anos. A actividade realizarase en Baio e en Zas partir do 7 de febreiro e para ambos lugares é necesaria a inscrición previa dos participantes. Por outra banda, os maiores teñen a oportunidade de disfrazarse cos nenos para o baile e concurso do sábado 9 de febreiro. A cita será no Centro Sociocultural a partir das 20h e estará amenizada polo grupo D´Café. Haberá... Read More

Baio xa ten biblioteca

Unha das máis vellas reivindicacións dos veciños de Baio por fin é unha realidade.  Aínda que xa levaba un tempo aberta, o venres inaugurouse oficialmente a axencia de lectura da vila coa presentación do libro de cociña de Juan Bautista. O auditorio do pavillón quedou pequeno para acoller a toda a xente da zona que quería acompañar ao cociñeiro do restaurante A Lareira. Rocío Romar, Jorge Mira, Manuel Muíño e Juan Bautista presentando... Read More

“O noso repertorio é diferente porque pensamos que a xente está cansada de oír o típico”

O 29 de decembro de 2002 un grupo de dezaoito coralistas cantaron catro panxoliñas na igrexa de Baio. Así nacía a Coral Polifónica Xan Mella, do encontro de dúas personalidades singulares: José Rojo, Pepe de Valiña, dinamizador cultural da vila, e Tatiana Pankrátrova, profesora de música bielorrusa. Dende aquela, veñen cantando polas catro provincias galegas, Asturias, León, Madrid e Portugal. Despois de gravar dous discos, recentemente... Read More

As corais de Baio, Camariñas e Vimianzo danse cita no II Certame de Corais

A coral "Brisas do Mar" de Camariñas coa súa directora Charo Vázquez Freire. Este sábado, a Coral Polifónica Lusco e Fusco de Vimianzo, a Coral Municipal de Mulleres de Camariñas e a Coral Xan Mella de Baio actuarán no auditorio de Vimianzo no II Certame de Corais da Costa da Morte. Este concerto terá lugar o vindeiro 4 de novembro ás 18:30. Con actuacións coma esta queda patente tanto a cantidade como a calidade da música coral... Read More

A vida cultural de Baio está en perigo

Dende comezos do verán sabiamos que este momento había chegar: na última asemblea de socios da Asociación Cultural Adro de Baio a directiva presentou a súa demisión. Despois de dous anos no cargo, a presidenta da entidade, Sabrina López, anunciou o cese do equipo ao cumprir o seu compromiso de mandato bianual. Polo momento ningún socio quixo presentar a súa proposta polo que a continuidade está en risco. Os baieses agardan que de contado... Read More

A carón da Vía Láctea

Por José Manuel Menéndez (Asociación Ambiental Senda Nova). Tardou en chegar a noite. Cando nos visitou xa tiñamos andado varios centos de metros, os máis costentos. As primeiras rampas de saída da aldea de Quintáns, na parroquia de Gándara ( Zas) foron duras e serviron de previa aos exercicios de quecemento que tan ben dirixe Mikael. Foron necesarios, pois a subida fíxose longa, ata que fomos deixando os pinares e pouco a pouco vendo o... Read More

Amplíase o prazo do “Aquí hai fraga!” ata o xoves

Queda unha semana para a Festa da Carballeira de Zas, polo que damos unha última oportunidade ós nosos seguidores para que nos envíen as súas fotos de bosques autóctonos da Costa da Morte. O prazo remata agora o xoves 2 de agosto. O venres publicarase o gañador e o sábado pola tardiña, na mesma carballeira de Zas, entregarémoslle o premio ó gañador ou gañadora do Aquí hai fraga! Polo momento queremos dar as gracias ós catro participantes... Read More

Carballeira de Astrai (Baio-Zas) #Aquíhaifraga!

Á beira do río Grande, a Carballeira de Baio, ou de Astrai, ou da Devesa bebe das augas dos diferentes regos que chegan ata a arteria principal que nutre o norte da Terra de Soneira.Fai ademais fronteira coas terras vimiancesas, na parroquia de Bamiro. Carballeira de Astrai, en Baio. /Foto: Pablo Soto/ A Carballeira da Devesa está formada por varias especies vexetais propias da vexetación de ribeira, pero sen dúbida o que máis destaca é o carballo... Read More

Páxina seguinte »