Con V de diversión, con V de Valarés

A néboa non impediu que a xente estivese en Balarés gozando dos concertos durante o día. [FOTOS: Noelia Antelo] The Bright actuaron na sesión vermú. Amencía con néboa en Balarés, co B ou co V, dá igual. A estas alturas seguimos preguntándonos cal é o correcto ou se é cuestión idiomática. A néboa fixo un pequeno amago de despexar para que o sol polo menos acompañase en boa parte dos concertos da zona Seagram’s que tiveron lugar durante... Read More

“Esperamos compensar a desilusión do ano pasado. Darémolo todo”, Nita de Fuel Fandango

A mestura de electro, funk, rock, pop e flamenco, creada pola cantante Nita e o produtor Ale Acosta, deixarase sentir no concerto que este dúo canario-cordobés ofrecerá mañá na praia de Balarés (Ponteceso). Centrados en descolocar ao público coa súa espectacular posta en escena e os seus axitados e contundentes directos, Fuel Fandango chegan de novo a Galicia –na súa única cita do verán aquí- para presentar o seu último traballo Trece... Read More

Punto final a un verán de festivais

O xeados máis solicitados fóronse esgotando nos bares, o sol foi quentando cada día un pouco menos, as verbenas foron acabando…foi rematando o verán. E os que tamén acabaron foron os festivais, ata o ano que vén. A época estival é propicia para organizar e asisitir a concertos e, se nunha mesma noite son varios mellor. Iso seguro que foi o que pensaron os organizadores dos festivais que na Costa da Morte supoñen citas ineludibles no calendario... Read More

«Estamos preparando un concerto para o inverno cos grupos que non puideron tocar» Adrián Varela, de Con V de Valarés

Unha das citas musicais máis agardadas do verán, o festival Con V de Valarés, rematou da peor e da máis temida das maneiras: con tormenta de verán. A auga fixo que se tivera que suspender o festival á metade do cartel, polo que agora a organización quere compensar ós asistentes ofrecéndolles un novo concerto, desta vez no inverno. Para contarnos todos os detalles e explicar a suspensión que provocou a polémica destes días, falamos co voceiro... Read More

A chuvia foi a banda sonora protagonista en Valarés

“V de vai chover” escoitábase ás 4 da madrugada en Balarés. O rapaz que o dicía estaba sendo irónico, pois a tormenta de verán xa caera na praia pontecesá. De feito, quedaba boa noite, incluso calorosa. Pero o peor xa pasara. A zona de acampada era unha lameira, o recinto dos concertos outro tanto e o festival cancelado. Segundo a organización o problema foi a gran cantidade de auga caída en pouco tempo e o estancamento da mesma que conlevaban... Read More