“Queremos impulsar aos grupos que non teñen a oportunidade de tocar noutro tipo de festivais”, Xabier Herranz, do Festival Solpor
Con motivo da celebración da primeira edición do Festival Solpor O Compás falou con Xabier Herranz, membro dun grupo de mozos pontecesáns que deciden poñer en marcha esta nova cita musical da Costa da Morte que terá lugar o próximo 19 de xullo en Ponteceso. Un festival que nace cunha idea clara: a de dar cabida aos grupos musicais da comarca. I edición do Solpor Ponteceso. Quen é a cabeza pensante deste festival e a que se debe a súa posta... Read More
Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte
Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More
Museo Etnolúdico de Galicia
Sitúase no concello de Ponteceso, nun edificio de arquitectura modernista. Dispón aproximadamente dunha superficie de 800 metros cadrados de exposición onde se exhiben máis de catro mil pezas da colección privada pertencente á Fundación Ricardo Pérez e Verdes. Conta ademais cun campo de xogo de 1.000 metros cadrados, así como cun amplo aparcadoiro para visitantes. O Melga sitúase no recinto do Centro Cultural da vila, que tamén acolle... Read More
Dombate achégase ao seu aspecto orixinal
Pouco despois da conmemoración do vintecinco aniversario do inicio das escavacións no dolmen de Dombate, a pasada semana deuse un paso máis na súa restauración. O corredor do megalito recuperou a súa aparencia orixinal, a que tiña cando era utilizado como lugar de enterramento. A empresa Arkaios rematou a colocación das dúas lousas que cubrían o acceso, no que as pinturas e gravados permanecían ao descuberto dende as escavacións de finais... Read More
Os canteiros desvelan as incógnitas dos cruceiros
Cando os turistas de fóra veñen a Galicia, os guías dinlles que “onde hai un cruceiro, cometeuse un pecado”. Se isto fora certo, somos unha terra ben pecadenta, porque olles onde olles haberá unha cruz lembrando que o lugar está sacralizado. Isto vén dunha cita de Castelao: “Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e... Read More
Miñanco, un sitio distinto para visitar na web
Fernando Trincado, Nanny Mouro e Fran Rodríguez, creadores de Un sitio distinto. No Compás xa vos presentamos Un sitio distinto en setembro, cando falamos cos tres creadores da serie (Nanny Mouro, Fran Rodríguez e Fernando Trincado) para que nos achegaran ao mundo imaxinario de Miñanco. Ademais, presentábamos os dous capítulos desta serie de animación por internet feita en Bergantiños. Pasaron as festas de Nadal, que os propios personaxes... Read More
O Vigo de Malpica
Malpica garda lugares onde o mar e a paisaxe aínda gardan ese sabor antigo e salvaxe que caracteriza á Costa da Morte. Un deles é a zona de Barizo, parroquia onde se atopan as coñecidas torres de Mens e a Punta Nariga, lugares ós que lle dedicaremos un artigo máis cara adiante. Hoxe centrarémonos en Barizo, Seiruga e un pouco da parroquia de Vilanova cos dous lugares máis próximos: a Ponte Berrón e Vigo. Barizo, segundo o filólogo Fernando... Read More
O Nadal de Cabana comeza en Dombate
Un cuarto de século é moito tempo. O monumento máis visitado de Cabana de Bergantiños leva 25 anos vendo como milleiros de persoas desfilan diante del dende que as súas entrañas saíron á luz nas primeiras escavacións, en 1987. Foron anos intensos de proxectos, desacordos, acordos, desacordos e lonas de plástico ata que finalmente quedou cuberto polo gran edificio que aspira a ser o centro da cultura megalítica do país. A conmemoración... Read More
Carteleira do 30 outubro ao 8 de novembro
A carteleira desta semana tráenos á Costa da Morte 8 filmes distintos. En Cee temos a estrea de Skyfall e El Fraude (Arbitrage), que se unen a Hotel Transilvania e Lo imposible En Carballo exhíbense por primeira vez Skyfall, Salvajes e Atraco!, xunto con Hotel Transilvania (tamén en 3D), Magic Mike, Lo imposible e Las aventuras de Tadeo Jones, que repiten na carteleira. Desde Compás da Costa dámosche as claves para que te decantes por... Read More
Buño xa ten programa para a XXIX Mostra da Olería
Un ano máis celébrase na localidade malpicá de Buño a Mostra da Olería. A deste 2012 é a 29ª edición dunha cita tradicional cada verán. O vindeiro venres 3 de agosto será o acto inaugural dunha semana chea de actividades, que rematarán o domingo 12. A XXIX Mostra da Olería conta con actividades permanentes que terán lugar na Casa do Oleiro (A Camposa, Buño). Os visitantes poderán achegarse para ver tres exposicións, Os nosos oleiros... Read More