Dombate achégase ao seu aspecto orixinal

Pouco despois da conmemoración do vintecinco aniversario do inicio das escavacións no dolmen de Dombate, a pasada semana deuse un paso máis na súa restauración. O corredor do megalito recuperou a súa aparencia orixinal, a que tiña cando era utilizado como lugar de enterramento. A empresa Arkaios rematou a colocación das dúas lousas que cubrían o acceso, no que as pinturas e gravados permanecían ao descuberto dende as escavacións de finais... Read More

As bágoas de San Lourenzo no cerne de Bergantiños

“Aínda recordo aínda o dolmen de Dombate” rezaba Pondal nun dos seus poemas. O mesmo lles pasará ás preto de duascentas almas que camiñaron a noite do pasado venres para percorrer a Ruta das Estrelas. Dende hai uns anos, no mes de agosto, arredor do San Lourenzo, o concello de Cabana organiza un roteiro de sendeirismo nocturno. Nesta ocasión a cita era ao caer o día no dolmen de Dombate. Antes de comezar a andaina era obrigada unha... Read More

Poñer en valor o patrimonio segue sendo prioritario para Cabana no verán

Cabana volve recoller no programa de verán os seus eventos máis emblemáticos: o Castro Animado en Borneiro e a Noite do Medievo en Riobó. Ademais, ao longo de xullo e agosto haberá actividades especialmente deseñadas para nenos, mozos e maiores. Torre da Penela en Riobó A primeira actividade que comeza é Camiñando co Centro de Día e os nosos maiores, a partir do 28 de xuño todos os xoves pola mañá ata o 26 de xullo,organízanse rutas... Read More