“Breizh é un diálogo entre as fisterras atlánticas” Miro Villar

“O haikaísta atento capta a instantaneidade, tal apretar o botón da cámara.” O oitavo mandamento do haikai, de Masuda Goga, deixa ben claro en que consiste este poema. Unha pílula de literatura ben concentrada en tres versos, cunha estrutura de 5/7/5 sílabas. Estrutura que elixe Miro Villar (Cee, 1965) na súa última obra: Breizh (Ed. Toxosoutos, 2012). Nela trata de enlazar as fisterras atlánticas de Galicia e Bretaña cunhas inusuais... Read More