Fotogalería: XXX Mostra da Olería de Buño

A Mostra da Olería de Buño (Malpica de Bergantiños) celebra neste 2013 os trinta anos. Cunha gran afluencia de visitantes durante a fin de semana, nótase un ambiente máis relaxado durante estes días. Postos de venda, exposicións no interior de olería e pintura, talleres de barro pola tarde para os máis cativos e actuacións de baile tradicional xunto con compañías de animación infantil conforman a programación desta festa que rende homenaxe... Read More

A Mostra da Olería de Buño cumpre 30 anos

A localidade malpicá de Buño xa está preparándose para a Mostra da Olería. Este ano celebra a súa 30ª edición a partir do vindeiro venres 2 de agosto, cando terá lugar o acto inaugural dunha programación chea de actividades, que rematarán o domingo 11. A XXX Mostra da Olería conta con actividades permanentes que terán lugar na Casa do Oleiro (A Camposa, Buño). Os visitantes poderán visitar as exposicións Os nosos oleiros (planta... Read More

A Mikaela encheu de troula as rúas de Buño

Calquera escusa é boa para seguir celebrando o Entroido. E se falamos da Mikaela de Buño, mellor. A pequena vila malpicá acolleu este sábado a centos de persoas, tanto veciños coma xente de fóra. Sobre todo mozos, pero tamén maiores e cativos, buscaron no armario o último disfrace deste ano para despedir o Entroido por todo o alto. A Mikaela durante a “misa” na súa honra Á media tarde saía a figura da muller de curvas prominentes... Read More

As festas infantís e as comparsas, principais protagonistas do Entroido en Malpica

O concello de Malpica celebra o Entroido desde hoxe ata o próximo domingo 17. Máis dunha semana de festexos na que non faltarán os tradicionais concursos de comparsas ademais de personaxes habituais como a Mikaela, o Faustino e o Farruco. O entroido comeza esta tarde na localidade costeira cunha Festa Infantil na Ludoteca Municipal de 17.00 a 18.30 horas (só para os rapaces e rapazas da Ludoteca) Mañá venres, de 10.00 a 11.30 horas, haberá... Read More

Visita á XXIX Mostra da Olería de Buño

O pasado venres 3 inaugurouse a XXIX Mostra da Olería de Buño no Centro Comarcal Bergantiños. En Compás visitamos as instalacións, onde atopamos a exposición no interior do edificio e o stand de venda na carpa do exterior. Comentan os organizadores que a crise non se nota tanto, pois os oleiros souberon adaptarse aos tempos e así, coas figuras máis pequenas, conseguen que o visitante non marche coas mans baleiras. Pero en Buño non só hai... Read More

Buño xa ten programa para a XXIX Mostra da Olería

Un ano máis celébrase na localidade malpicá de Buño a Mostra da Olería. A deste 2012 é a 29ª edición dunha cita tradicional cada verán. O vindeiro venres 3 de agosto será o acto inaugural dunha semana chea de actividades, que rematarán o domingo 12. A XXIX Mostra da Olería conta con actividades permanentes que terán lugar na Casa do Oleiro (A Camposa, Buño). Os visitantes poderán achegarse para ver tres exposicións, Os nosos oleiros... Read More