O Entroido de Dumbría finaliza con dúas comparsas gañadoras

Dúas comparsas resultaron gañadoras no festival de Entroido que se celebrou onte en Dumbría. Malia que a choiva estivo presente durante a celebración, o público non fallou a unha das citas obrigadas da Costa da Morte neste tempo previo á coresma. O exército de Gures converteu o desfile das comparsas nunha auténtica marcha militar. /Foto: Cedida/ O Festival de Comparsas deu comezo arredor das 5 da tarde co tradicional desfile dos participantes... Read More

O apalpador pasou por Lires cargado de castañas para os máis cativos

O Apalpador visitou Lires. /Foto: Merche Caamaño/ A pasada fin de semana celebrouse en Lires o festival de Nadal da Asociación Recreativa Cultural e Educativa Pedras Miúdas. Un encontro que se caracterizou polo bo ambiente e pola confraternización entre diferentes asociacións da Costa da Morte. O festival arrancou arredor das 5 da tarde cunha festa infantil amenizada por pallasos que deixaron as caras dos máis pequenos cheas de pintura e aos... Read More

Amplíase o prazo do “Aquí hai fraga!” ata o xoves

Queda unha semana para a Festa da Carballeira de Zas, polo que damos unha última oportunidade ós nosos seguidores para que nos envíen as súas fotos de bosques autóctonos da Costa da Morte. O prazo remata agora o xoves 2 de agosto. O venres publicarase o gañador e o sábado pola tardiña, na mesma carballeira de Zas, entregarémoslle o premio ó gañador ou gañadora do Aquí hai fraga! Polo momento queremos dar as gracias ós catro participantes... Read More

Bosque das Neves (Buxantes-Dumbría) #Aquíhaifraga!

Os peregrinos que percorren os últimos quilómetros cara a fin da terra e paran na capela das Neves e na Fonte Santa poden albiscar a masa arboral desta fermosa fraga, que vai monte abaixo cara Buxantes. Entre a capela e Figueiroa podemos atoparnos cun magnífico exemplar de bosque de ribeira, nutrido polas augas do río Brens e do rego das Neves que desemboca no medio desta fraga. Xunto o bosque do río Miñóns, tamén afluente do Brens, forman... Read More

“A Mostra de Teatro de Cee vaise facer, aínda que sexa só un día” Artur Trillo

Entrevista de Alberto Pose e Manuel Rial “Unha vez saiba os vimbios que teño, farei os cestos. Pero se non sei os vimbios que teño, dificilmente poderei facer nada.” A tres meses da celebración da Mostra de Teatro de Cee, Artur Trillo fai ver a incógnita na que se moven os preparativos da que serían as vodas de prata do evento teatral máis importante da Costa da Morte. O director de Talía Teatro afirma que as subvencións que poidan vir... Read More