Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More

Dombate achégase ao seu aspecto orixinal

Pouco despois da conmemoración do vintecinco aniversario do inicio das escavacións no dolmen de Dombate, a pasada semana deuse un paso máis na súa restauración. O corredor do megalito recuperou a súa aparencia orixinal, a que tiña cando era utilizado como lugar de enterramento. A empresa Arkaios rematou a colocación das dúas lousas que cubrían o acceso, no que as pinturas e gravados permanecían ao descuberto dende as escavacións de finais... Read More

Entroido na Costa da Morte 2013

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas imprescindibles ou singulares, pero pinchando nos concellos resaltados... Read More

Os artistas locais protagonizan o Entroido cabanés

O prato forte do entroido de Cabana de Bergantiños é o martes de entroido. O festivo local celébrase cunha ampla oferta lúdica, centrada en xogos e obradoiros, gastronomía a base de filloas, exposición fotográfica, música e pasarelas de disfraces para xuntar a todos os veciños do concello con ganas de troula no Pavillón Municipal. A partir das 5 da tarde, os máis cativos poderán disfrutar dos inchables, xogos e variados obradoiros. Ás... Read More

A ornitoloxía galega debate no esteiro de Anllóns

A Costa da Morte estáse a converter dende hai uns anos nun referente no campo do estudo das aves en Galicia. Grazas á instalación de miradoiros, rutas e paneis informativos da man de importantes expertos como Rabuñal Patiño, este saber achégase ao gran público, en especial aos rapaces da escola. Así mesmo, os expertos acoden cada ano coa celebración de congresos, que non fan máis que consolidar o potencial turístico da ornitoloxía nesta... Read More

O Nadal de Cabana comeza en Dombate

Un cuarto de século é moito tempo. O monumento máis visitado de Cabana de Bergantiños leva 25 anos vendo como milleiros de persoas desfilan diante del dende que as súas entrañas saíron á luz nas primeiras escavacións, en 1987. Foron anos intensos de proxectos, desacordos, acordos, desacordos e lonas de plástico ata que finalmente quedou cuberto polo gran edificio que aspira a ser o centro da cultura megalítica do país. A conmemoración... Read More

A Costa da Morte prepárase para o Nadal

Celebrar o solsticio de inverno no dolmen de Dombate. Esta é só unha das senlleiras propostas que se ofertan ó longo de toda a Costa da Morte para celebrar o Nadal dunha forma distinta e propia. Cabana propón unha noite máxica no centro de interpretación do megalito para conmemorar o 25 aniversario do comezo das escavacións arqueolóxicas no lugar. Outras propostas que miran ó Patrimonio son as rutas de sendeirismo, coma as de Muxía polos... Read More

O cantar popular vai de porta en porta

Son ben coñecidos os versos que Eduardo Pondal lle dedicou ás terras de Cabana ou os regueifeiros de máis sona que aínda manteñen viva esta tradición. Pero a canción popular do propio concello era quizais menos coñecida e coma toda a lírica oral corría o risco de desaparecer. Os profesores Olga Kirk Martínez e Pablo Díaz Carro fixeron posible que o cantar popular non morra e quede gravado no papel. O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños... Read More

As bágoas de San Lourenzo no cerne de Bergantiños

“Aínda recordo aínda o dolmen de Dombate” rezaba Pondal nun dos seus poemas. O mesmo lles pasará ás preto de duascentas almas que camiñaron a noite do pasado venres para percorrer a Ruta das Estrelas. Dende hai uns anos, no mes de agosto, arredor do San Lourenzo, o concello de Cabana organiza un roteiro de sendeirismo nocturno. Nesta ocasión a cita era ao caer o día no dolmen de Dombate. Antes de comezar a andaina era obrigada unha... Read More

Amplíase o prazo do “Aquí hai fraga!” ata o xoves

Queda unha semana para a Festa da Carballeira de Zas, polo que damos unha última oportunidade ós nosos seguidores para que nos envíen as súas fotos de bosques autóctonos da Costa da Morte. O prazo remata agora o xoves 2 de agosto. O venres publicarase o gañador e o sábado pola tardiña, na mesma carballeira de Zas, entregarémoslle o premio ó gañador ou gañadora do Aquí hai fraga! Polo momento queremos dar as gracias ós catro participantes... Read More

Páxina seguinte »