“O Asalto é para nós unha oportunidade de luxo para amosar a nosa música” Samarúas

Aos rapaces do Samarúas non lles chegan as horas de ensaio durante esta semana. De feito contestaron ás preguntas cos instrumentos aínda na man no medio das probas. Os nervios son moitos, pero as ganas tamén. Son máis dun sesenta por cento Costa da Morte, polo que o Asalto non lles é alleo. É máis nunca faltan á cita. Comezan a súa andaina a finais do ano pasado e no seu curto traxecto xa contan cun premio: encabezaron o SondoBarbansa... Read More

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More

Un faro de cultura na Costa da Morte

Xa temos falado algunha vez do desaproveitamento das fermosas infraestruturas fareiras que temos na Costa da Morte como espazos para a cultura, e ao mesmo tempo tamén das dificultades que existen para que iso poida pasar actualmente. Excepto Fisterra, que conta cun punto de información turística no lugar, o Faro Vilán é o único faro habitado pola cultura. A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas vén realizando un... Read More

Coñece a Costa da Morte coas “Andainas” desta primavera

Andainas 2013 Coñece a Costa da Morte, é o nome dunha iniciativa conxunta de varios concellos da nosa costa para coñecelos mellor grazas á práctica do sendeirismo. Paisaxe e deporte únense unha vez máis, nestas rutas organizadas a partir de abril e ata finais de maio. Sendeiristas no Cabo Vilán, o ano pasado. /Foto: Concello de Vimianzo/ A programación foi presentada en Vimianzo, concello organizador xunto con Camariñas, Corcubión, Muxía... Read More

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Segunda parte)

Pica aquí para ler a primeira parte. A viaxe en barco pola ría de Corcubión dende O Pindo impresiona a Audrey F. G. Bell.  Todas as sensacións que vai recollendo neses momentos (os cantares dos mariñeiros, as casas brancas, as cores da auga, o son da fala…) fan levar ó inglés a pensar en Grecia. De feito, para el o país galego é “unha mestura de Escocia ou Cumbria con Italia ou Grecia”, e pouco ten que ver coa Suíza ibérica da... Read More

“A xente de Camariñas coñece a Illa Bufarda”

Segundo os cálculos das habitantes da Illa Bufarda, xa pasaron 790 mareas dende que dúas rapazas licenciadas en Comunicación Audiovisual se decidiran embarcar nun proxecto propio e autónomo. Un ano, para os habitantes do continente, no que Sabela Iglesias e Adriana Pérez Villanueva estiveron a producir dende documentais a obradoiros para institutos e colexios. Hai un mes, as mareas leváronas ata a Costa da Morte onde estiveron a buscar polo... Read More

Entroido na Costa da Morte 2013

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas imprescindibles ou singulares, pero pinchando nos concellos resaltados... Read More

Camariñas reparte o Entroido polas parroquias

Cinco días de Entroido por todo o concello. Así celebran en Camariñas a festa dos disfraces que comeza na Ponte do Porto o sábado 9. Haberá unha festa con inchables, música e globoflexia na Feira do Gando a partir das 16.30h. O domingo 10 a festa irá máis repartida, comezando nun pasarrúas da comparsa vimiancesa Danzatecas polo lugar da Ponte do Porto. Despois comeza a festa en Xaviña ás 16.00h con premios para os mellores disfrazados e... Read More

«Cando marchaba para casa, mirei de reollo e vin o petróglifo» Esteban Sestaio

Onde quedou o tempo no que unha escavación arqueolóxica era un misterio e os dolmens eran considerados perfectas canteiras de pedra? Pouco a pouco, as xeracións máis novas van collendo conciencia do respecto do patrimonio histórico, da protección do noso pasado. É máis, o patrimonio está a chegar a espertar auténtico interese ata para os que non son arqueólogos licenciados nin especialistas na materia. Persoas coma Esteban Sestaio ou Petrallo... Read More

“Gústame o galego con acento venezolano, mexicano ou romanés”

Escoitarase moitas veces por aí dicir que “co galego non se vai a ningunha parte” ou outras “perlas” polo estilo. Pero non deben pensar o mesmo as 30 persoas estranxeiras que participaron no Obradoiro de integración lingüística e cultural, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo, e que tivo lugar entre o 15 de novembro e o 20 de decembro de 2012. Persoas chegadas de países tan distintos... Read More

Páxina seguinte »