Agosto musical: Carballeira, Sereas e Piratas, Marea e Valarés

Despois dun mes bailando sen parar en romarías, sesións vermú, verbenas e festivais, no Compás aínda nos quedan folgos para recomendarvos unhas cantas citas no mes de agosto. Velaquí unha selección de festivais de música da Costa da Morte para todos os gustos: folk, rock, pop, indie e ata punk. Pasen, lean, escoiten e escollan. FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS -2 agosto- Na Costa da Morte temos a sorte de contar co segundo festival de música... Read More

Os trinta anos da Carballeira máis solemne

Ao pasar o arco de recepción da carballeira de Velar sabes que entras nun lugar sagrado. As luces brancas e amarelas fan xogos de sombras entre os carballos e os eucaliptos dun bosque máxico que cada agosto se enche de amantes do folk. As árbores asisten como un festeiro máis agardando ao espectáculo da música atlántica. Xabi Aburruzaga inauguraba o cartel da Carballeira 2013. /Foto: Beatriz Romero/ Os agarimosos sons do acordeón de Xabi Aburruzaga... Read More

Tradición e modernidade na XXX Carballeira de Zas

Un ano máis a primeira fin de semana de agosto Zas énchese de folk por conta do festival decano da Costa da Morte: a Festa da Carballeira, que este ano se estira para comezar o venres. A continuación repasamos os grupos que actuarán os dous días: VENRES Saldos Negativos Este grupo nace do empeño de dous intérpretes de música folk: Abraham Fernández e Fernando Barroso, amantes das diferentes músicas tradicionais dos países atlánticos como... Read More

“Cando entrei na Central Folque, non me imaxinaba que tocaría cos Cempés” Antía Ameixeiras

Con 9 anos Antía Ameixeiras colleu o violín na man por primeira vez. Sabía que era un instrumento complexo, pero o amor a primeira vista fixo que se convertera na súa principal afección. Daquela nunca esperaría subirse ó escenario da Carballeira de Zas, diante de milleiros de persoas para tocar cun dos mellores grupos do folk galego, Os Cempés. Antía Ameixeiras conseguiu tocar cos Cempés na súa terra. /Foto: Manuel Rial/ Agora está estudando... Read More

O pacto cos mouros deixou boa noite para Velar

Media ducia de pandeiretas resoaban dende a profundidade dos bosques. A música baixaba polas augas do río e buligaba entre as follas dos carballos e dos eucaliptos correndo monte arriba, cara á cima do castro. Os mouros e as xacias fixeran un pacto, a música debía calmar as tempestades. Hai uns días falabamos con Lupe Nieto, a presidenta da Asociación Cultural Castro Meda, e xa nos contaba o perxudicial que pode ser unha noite de chuvia na... Read More

“Cando ninguén falaba do folk, en Zas habíao”, Lupe Nieto, presidenta da A.C.Castro Meda

Lupe Nieto xunto o seu cartel favorito da Carballeira. “Unha parella coñeceuse un ano na Carballeira e cando casou levou os xerros como regalo de voda”, comenta trala entrevista Lupe Nieto. Sen dúbida, un fermoso detalle que explica o moito que significa para esas persoas esta cita musical de agosto. Esa e moitas outras anécdotas poden ocorrer en Zas o día do seu festival folk. A pequena vila da Costa da Morte recibe miles de persoas ese... Read More

“A nosa misión principal é tirar polo público” A Banda da Balbina

Esta noite  o bosque de Velar comezará a estar animado coa Precarballeira. A partir das dez da noite, chega o grupo de música tradicional O Pichote da Gandaina e a inclasificable A banda da Balbina. Con estes últimos xa estivemos nunha das visitas que fixeron á Costa da Morte, en maio na Xuntanza Folk de Lires. Hoxe recuperamos un extracto da entrevista que lle fixo Alberto Pose, mentres preparades as gorxas para entoar o aturuxo Ei carballeira! A... Read More

Amplíase o prazo do “Aquí hai fraga!” ata o xoves

Queda unha semana para a Festa da Carballeira de Zas, polo que damos unha última oportunidade ós nosos seguidores para que nos envíen as súas fotos de bosques autóctonos da Costa da Morte. O prazo remata agora o xoves 2 de agosto. O venres publicarase o gañador e o sábado pola tardiña, na mesma carballeira de Zas, entregarémoslle o premio ó gañador ou gañadora do Aquí hai fraga! Polo momento queremos dar as gracias ós catro participantes... Read More

Música, teatro, obradoiros e exposicións na Semana Cultural de Zas

Un ano máis o concello de Zas concentra as súas actividades culturais na semana que precede á Carballeira de Zas. Dende o 29 de xullo ata o 5 de agosto os veciños e visitantes disfrutarán dun programa completo que traerá música, manualidades, gastronomía, teatro, obradoiros e exposicións á vila soneirá. As actividades ocupan as xornadas ao completo e están pensadas para todas as idades. Na súa posta en marcha colaboran as asociacións... Read More

Bosque das Neves (Buxantes-Dumbría) #Aquíhaifraga!

Os peregrinos que percorren os últimos quilómetros cara a fin da terra e paran na capela das Neves e na Fonte Santa poden albiscar a masa arboral desta fermosa fraga, que vai monte abaixo cara Buxantes. Entre a capela e Figueiroa podemos atoparnos cun magnífico exemplar de bosque de ribeira, nutrido polas augas do río Brens e do rego das Neves que desemboca no medio desta fraga. Xunto o bosque do río Miñóns, tamén afluente do Brens, forman... Read More

Páxina seguinte »