Fotogalería “Mercarte 2014″

Onte clausurouse en Carballo a segunda edición de Mercarte, mostra de artistas e artesáns de Bergantiños. Durante catro días, os visitantes puideron achegarse á obra dos artistas da comarca e tamén participar nos distintos obradoiros organizados. Nós achégamonos ata alí e deixámosvos esta selección de imaxes, por se non tivestes a oportunidade de visitar a exposición. ... Read More

“Non descartamos prolongar este período de ausencia e volver cun disco enteiro debaixo do brazo”, Martín Loureiro, voz dos Machina

Machina son Martín Loureiro á voz, Ángel Iglesias á batería, Gonzalo Grela á guitarra e Ángel Aguiar ao baixo. Gañadores dos Premios da Música 2013, son unha das referencias do metal en Galicia. Cantan en galego con letras comprometidas con cada época social e non lle gustan as etiquetas, xa que prefiren que sexa o propio ouvinte quen os defina. Desde Cerceda, levan máis de dez anos en activo mais non foi ata o 2006 cando comezan a súa... Read More

Fotogalería “Derrubando muros con pintura”

Con esta galería fotográfica convidámoste a percorrer o “museo” de arte urbana no que se converteu Carballo durante este 2014. E tamén podes ler, se aínda non o fixeches, o artigo que xa publicamos en marzo sobre o proxecto Derrubando muros con pintura.  Até agora, son 17 murais repartidos pola vila coa participación doutros tantos autores, que deixaron a súa pegada persoal nas que antes só eran paredes grises. Se despois de... Read More

Agosto musical: Carballeira, Sereas e Piratas, Marea e Valarés

Despois dun mes bailando sen parar en romarías, sesións vermú, verbenas e festivais, no Compás aínda nos quedan folgos para recomendarvos unhas cantas citas no mes de agosto. Velaquí unha selección de festivais de música da Costa da Morte para todos os gustos: folk, rock, pop, indie e ata punk. Pasen, lean, escoiten e escollan. FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS -2 agosto- Na Costa da Morte temos a sorte de contar co segundo festival de música... Read More

A cita co Rockin’ enche Carballo

O San Xoán carballés toca ao seu fin e onte houbo cita de rockeiros no Rego da Balsa. Aínda non eran as once da noite cando comezaba o Rockin´ coa música dos Apart, un dos grupos máis emerxentes da capital de Bergantiños. Sorprendeu coma sempre a forza no escenario da vocalista interpretando temas compostos polo propio grupo. A continuación, o trío madrileño The Government foi a introdución perfecta ao que estaba por vir. A carpa empezou... Read More

Idealipsticks e Wau y Los Arrrghs encabezan o Rockin’

Se che gusta o rock tes unha cita o próximo 27 de xuño co Rockin’, no marco das festas do San Xoán de Carballo. No Rego da Balsa –detrás da vella estación de autobuses-, tocarán os carballeses Apart, os madrileños The Government, os manchegos Idealipsticks e os valencianos Wau y los Arrrghs. Airton&Senna Dj’s pecharán a noite do festival de rock das festas carballesas, que este ano celebra a sétima edición. Na mesma liña das edicións... Read More

A Festa da Lingua

Hoxe é a festa da nosa lingua. Hoxe conmemoramos un ano máis o Día das Letras Galegas. Por certo, xa suman tres “días” nos que en Compás celebramos con vós esta festividade, incluíndo aquel 17 de maio de 2012 no que comezamos esta aventura de unir a cultura, a Costa da Morte e facelo na nosa lingua. Onte en Carballo tivo lugar a Festa da Lingua, unha gala na que entre actuacións musicais en galego con Garcia Mc e Os tres trebóns, tamén... Read More

‘No paro descubrín que o meu outro traballo, ‘a Arte’, seguía pedíndome que lle adicara máis horas’, Mon Lendoiro.

José Ramón Lendoiro Esmorís (Carballo, 1971). Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño de Gráfica Publicitaria e Ilustración. Mon Lendoiro, que é así como case todos os da vila o coñecemos, acaba de inaugurar Garabato, o seu primeiro obradoiro de belas artes situado nas míticas galerías que unen as rúas Fomento e Igrexa. O horario de apertura ao público é de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30, mais se o día é solleiro a galería... Read More

Algo do que somos: Código Fonte Audiovisual

Carballo convertíase a semana pasada na capital das webseries da man do Interplay, o primeiro festival dedicado a este formato no estado. Ademais de achegarnos 35 webseries chegadas dende toda España, pasamos catro días entre presentacións, coloquios, clases maxistrais e concertos. Nesta primeira edición do festival chamounos a atención a sesión de Xosé Antonio Touriñán co seu Código Fonte Audiovisual. O Código Fonte Audiovisual naceu... Read More

Unha webserie carballesa moi especial

“Toñito, ti es especial”. Xa llo dicía súa nai e el intentará descubrir o porqué. Conseguirao? Esta historia de extraterrestes (ou non tanto) é o resultado do obradoiro de webseries ofrecido dentro do Festival de Webseries “Carballo Interplay”, que a finais deste mes de abril terá lugar na localidade carballesa. Vinte mozos e mozas carballeses participamos no taller que se desenvolveu durante os sábados do mes de marzo. Xente... Read More

Páxina seguinte »