Entroido na Costa da Morte 2013

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas imprescindibles ou singulares, pero pinchando nos concellos resaltados... Read More

Camariñas reparte o Entroido polas parroquias

Cinco días de Entroido por todo o concello. Así celebran en Camariñas a festa dos disfraces que comeza na Ponte do Porto o sábado 9. Haberá unha festa con inchables, música e globoflexia na Feira do Gando a partir das 16.30h. O domingo 10 a festa irá máis repartida, comezando nun pasarrúas da comparsa vimiancesa Danzatecas polo lugar da Ponte do Porto. Despois comeza a festa en Xaviña ás 16.00h con premios para os mellores disfrazados e... Read More

Muxía e Dumbría gardan os postos da fin de semana para o Entroido

Xa non quedan máis días libres no Entroido. Se o luns se vive en Vimianzo e o martes é o día grande de Fisterra, Muxía convoca o concurso de disfraces para o sábado 9 e Dumbría para o domingo 10. No Concello de Muxía están decididos este ano a recuperar a tradición do Entroido polo que haberá novidades desta vez. O gran pasarrúas de carnaval sae do Cabo da Vila ás 5 da tarde do sábado 9 para rematar na carpa do malecón onde será a... Read More

Fisterra e Vimianzo contan os días para o Entroido

O concello co Entroido de máis sona da Costa da Morte xa está listo para coller as carautas, ó presentar hoxe o cartel destas festas. O sábado terá lugar o desfile de disfraces e das comparsas participantes ó son das gaitas para rematar na Praza da Constitución onde o baiés Jorge Mira lerá o pregón. O domingo está pensado para que os cativos sexan os protagonistas. Ademais de xogos e bailes haberá un concurso de disfraces no que os grupos... Read More