“Expoñer en Vimianzo é mellor que na Galería Marlborough de Nova York!” Suso Fuentes

Unha fin de semana de pedra. Os actos culturais destes días atrás tiveron como protagonista e nexo de unión a ese material sobre o que se fundamenta Galicia. Como dicía o experto en litonimia Vicente Feijóo, “Galicia é unha mole de granito na que se esculpe a nosa historia.”  Durante os próximos días iremos contando como foron estes actos, e comezamos polo máis recente: a apertura dunha nova exposición na Sala Antón Mouzo da... Read More

“Puiden ter exposto as miñas fotografías antigas sobre Baíñas, pero quixen ser honesto” Antonio Nodar

O acento de Antonio Nodar non foi arrastrado polos anglosaxóns e malia que leva dende os 17 anos en Londres, parece que nunca marchou, que aínda segue vivindo en Baíñas. En realidade acaba de chegar do Nepal. Vén de retratar a varios artistas orientais completando un traballo no que leva tres lustros da súa vida: From portrait to selfportrait. Polo seu obxectivo pasaron rostros de artistas máis ou menos coñecidos, de todo o mundo: Jaume Plensa,... Read More

Un outono de luxo para a Casa da Cultura de Vimianzo

Preto dunha ducia de espectáculos, do máis alto nivel nacional e sen ter que pagar un peso. Parece incrible, pero é verdade. Trátase da programación dos domingos da Casa da Cultura de Vimianzo, que volve ser temática: outubro será tempo de teatro; novembro, tempo de música e decembro, tempo de Nadal. Tempo de teatro O teatro comeza xa nas últimas horas de vida de setembro, coa representación da Función do tequila, do Teatro do Morcego.... Read More

Un gran fai morea

“Todos e cada un dos distintos estratos do cadro son cadro tamén”. Con esta frase do pintor vimiancés Xurxo Martiño queda resumida a súa obra: un traballo constante e meticuloso que roza o obsesivo nos pequenos detalles. Cada milímetro é perfectamente estudado para conformar unha obra global, que nesta exposición, se centra na arquitectura. Faros, industrias e edificios case en ruínas e aparentemente deshabitados protagonizaron... Read More