O pacto cos mouros deixou boa noite para Velar

Media ducia de pandeiretas resoaban dende a profundidade dos bosques. A música baixaba polas augas do río e buligaba entre as follas dos carballos e dos eucaliptos correndo monte arriba, cara á cima do castro. Os mouros e as xacias fixeran un pacto, a música debía calmar as tempestades. Hai uns días falabamos con Lupe Nieto, a presidenta da Asociación Cultural Castro Meda, e xa nos contaba o perxudicial que pode ser unha noite de chuvia na... Read More

“Cando ninguén falaba do folk, en Zas habíao”, Lupe Nieto, presidenta da A.C.Castro Meda

Lupe Nieto xunto o seu cartel favorito da Carballeira. “Unha parella coñeceuse un ano na Carballeira e cando casou levou os xerros como regalo de voda”, comenta trala entrevista Lupe Nieto. Sen dúbida, un fermoso detalle que explica o moito que significa para esas persoas esta cita musical de agosto. Esa e moitas outras anécdotas poden ocorrer en Zas o día do seu festival folk. A pequena vila da Costa da Morte recibe miles de persoas ese... Read More

Comeza a Semana Cultural de Zas

En Zas non poden agardar ó sábado para gozar da música e da festa da Carballeira e por iso preparan unha semana cargada de actividades culturais, máis de 40 distintas. Onte inaugurouse a Semana Cultural con música e baile tradicional da Asociación Cultural Castro-Meda e da A.C. O Adro. Ademais pódense visitar cinco exposicións no centro sociocultural da vila soneirá. Os primeiros en actuar foron o grupo de baile Churía da A.C. Castro-Meda... Read More

Aquí hai fraga! – Directo á Carballeira (Concurso)

Era o século XX. Toda a Finisterrae está sendo ocupada por especies invasoras chegadas de máis aló dos mares… Toda? Non! Aínda quedan espazos virxes poboados por irreductibles carballos, bidueiros ou castiñeiros que resisten todavía e sempre ó invasor… A historia do primeiro concurso do Compás ben puidera comezar así. Queremos dar a coñecer a esas valentes fragas e bosques autóctonos que resisten ás repoboacións masivas,... Read More